jueves, 9 de mayo de 2024

AGASALLOS CON BOTELLAS RECICLADAS

 Que mellor día para utilizar botellas recicladas que o Dia da Nai! 

Nas aulas de tres anos este ano agasallamos as nosas mamis con uns xarróns con flor , utilizando para eso botellas recicladas e pintadas con todo o agarimo . 




miércoles, 1 de mayo de 2024

SAIMOS A DESCUBRIR UNHA NOVA ESTACIÓN

 Aproveitando os días solleiros saímos a explorar elementos da nova estación : PRIMAVERA. 

Buscamos insectos, recolectamos follas e flores para logo clasificar e realizar Unha actividades plástica de impresión  con elas. 



RECICLANDO

 Na aula de 3 anos estamos aprendendo a facer un lapbook  sobre reciclxe. Sabedes en que contenedor debemos tirar cada material?? 


 

domingo, 28 de abril de 2024

Obradoiro de Arte Reciclado na biblioteca

 Seguimos a desfrutar dos obradoiros na nosa Biblioteca Creativa, esta vez da man de Raquel Germade, muralista e pintora que, representado á escola de Arte Allegro Os Tilos, deseñou coa axuda dos alumnos e alumnas de 3º de Primaria un cuadro para dar a benvida á primavera. Cun lienzo de cores, flores de plástico e reciclando papel e cartón, o resultado quedo precioso! Así que colgaremos a obra de arte deste obradoiro no rincón chill out da nosa biblioteca.













jueves, 25 de abril de 2024

VISITA A MARCELLE - 4 ANOS A e B

O pasado 23 de abril, os nenos/as de 5º de Educación Infantil visitamos o parque zoolóxico "Marcelle Natureza". Durante a saída, puidemos observar e coñecer especies animais dos diferentes continentes do noso planeta así como apreciar o coidado e o mantemento do seu hábitat. Así mesmo, tamén tivemos a oportunidade de ver esculturas talladas sobre madeira. Foi un día moi emocionante e especial! 

lunes, 22 de abril de 2024

DECORAMOS RECICLANDO

 Chegou a primavera e con ela as cores e o sol! 

E así de chula nos quedou a nosa porta con insectos de primavera utilizando material de refugallo con tubos de cartón de papel hixiénico. 

Todos e todas uns e unhas artistas! 



O ENREDO DO ABELLEIRO

 O alumnado de 3 anos visitamos o ENREDO DO ABELLEIRO , enmarcado nunha PAISAXE preto do encoro de Portodemouros.

Unha paisaxe rodeada de plantas e flores precisas para o traballo das abellas.