lunes, 28 de junio de 2021

PRIMAVERA

 

Este ano , na aula de tres anos participamos no plan proxecta en PAISAXE E SUSTENTABILIDADE , por iso coa chegada da nova estación e estes solleiros días de sol , na nosa aula , consideramos que era o momento oportuno para plantar as nosas sementes da horta nun pequeno invernadoiro que a profe nos mercou.

Pero... para que serve un miniinvernadoiro coma este? Que imos sementar? Que precisan as sementes para medrar? E despois... Que facemos? 

Todas estas preguntas fomos respondendo a medida que fomos realizando a actividade. 

Preparamos o que íamos a precisar: invernadoiro, terra, sementes (Cabaza, pepino,  , pementos e tomates) , e auga e puxémosnos mans a obra! En breve ensinarémosvos cal foi o resultado a volta do descansiño de semana Santa e a sorpresa que levamos cando fomos a mirar se as nosas sementes naceran!

 

Despois de plantar,  cada encargado do día era o responsable tamén de regar e vixiar de que as nosas plantas recibiran o sol suficiente para poder nacer. 

E vaia sorpresa levamos ! Mirade que fermosas estàn ! 

Isto si que é ser uns e unhas xardiñeir@s escepcionais! Bo traballo peques!

 

 

COIDADOS DAS PLANTAS

 

O Longo de este terceiro trimestre continuamos traballando as plantas e as súas necesidades para poder vivir. Fixémolo a través din Lapbook en forma de flor que nos serviu para aprender divertíndonos e descubríndo.

 Só temos que levantar cada pétalo por orde( repasando así os números) e descubrimos  as necesidades para que as plantas medren e sobrevivan.

 

1-  Que precisan as plantas para sobrevivir?

2- AUGA 💦

3-SOL  💥

4-TERRA E ABONOS 💩

5-AIRE 💨



as

VISITA A UN ENTORNO NATURAL E COIDADO DOS ANIMAIS

 

Tras un ano atípico decidimos en 3 anos programar unha merecida saída completando o noso proxecto sobre a os animais da granxa. 

Decidimos facelo ao centro ecuestre Marco Das Pias! Alí puidemos coñecer a fondo o coidado dos cabalos, a súa alimentación ( mesmo tivemos ocasión de darlle unha chuche a algún deles e sentir unha nova sensación) , a hípica como deporte  e finalmente puidemos cepillar a Pistolas e Cangrexo, OS dous ponis que fixeron as delicias dos màis pequenos ! Atreveríadesvos a montamos? Nós así o fixemos e mesmo algún/ha quixemos repetir.

Acompañounos durante toda a xornada un amigo fiel: O mastín Pistón! 

Aquí vos deixamos un resumo en imaxes ! Pasàmolo xenial!! 

 

APRENDEMOS A RECICLAR

 

Dentro do programa do plan proxecta na modalidade de SUSTENTABILIDADE E PAISAXE na aula de tres anos elaboramos un Lapbook .  Este tipo de aprendizaxes son moi motivadores e aprendemos dun xeito diferente, divertido e manipulativo.  En esta ocasión traballamos utilizando  diferentes técnicas a RECICLAXE. 

Sabedes  reciclar? Cales son as cores dos diferentes contenedores? Que tiramos en casa un de eles? 

Nós traballàmolo a través de este Lapbook . Levantamos a solapa de cada contenedor e temos os diferentes envases que debemos tirar en cada un de eles!

 

domingo, 27 de junio de 2021

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

 O Día Mundial do Medio Ambiente é o maior evento da ONU para o fomento da acción en favor da conservación do medioambiente. Conmemórase o 5 de xuño e celebrouse  por primeira vez en 1974 onde se insta a gobernos e organizacións a que "emprendan actividades que reafirmen a súa preocupación pola protección e a mellora do medioambiente, con miras a facer máis profunda a conciencia dos problemas do medioambiente."

O alumnado do CEIP de Arzúa quixémonos sumar a este loita e elaboramos este mural colectivo que leva por título "ESTAMOS A TEMPO..."

                   

E como aínda estamos a tempo de protexer o que queda e reparar o danado, cada aula rotulou e debuxou diferentes lemas que axudarán nesta importante loita, creando así a forma dun reloxo:

1. Non tires lixo ao chan.

2. Reutiliza todo o que poidas.

3. Utiliza a auga de xeito responsable.

4. Recicla para xerar novos produtos.

5. Utiliza o papel reciclado.

6. Aproveita a luz natural.

7. Reduce o uso de envases.

8. Evita o uso das bolsas de plástico.

9. Aposta polo transporte público e as bicicletas.

10. Desconecta os aparellos eléctricos que non uses.

11. Planta árbores para reducir o quencemento global.

12. Evita utilizar produtos químicos.

 

 

 

lunes, 14 de junio de 2021

MURAL REALIZADO POLO ALUMNADO DE 5º A

Este curso, para desenvolver moitos dos contidos relacionados co eixe vertebrador escollido polo centro "Medioambiente e saúde", na aula de 5ºA de E.Primaria puxemos en marcha este mural. 

O mural, que preside o fondo da aula, leva por título "Cóidate! Cóidao!". Nel aparecen as nosas propostas para evitar a contaminación do aire, da auga e do solo. Tamén, consellos que debemos ter en conta para contribuír a un desenvolvemento sostible do noso planeta e, por último, a nosa aposta polas enerxías limpas. 





jueves, 10 de junio de 2021

A PAISAXE DE CHAIRA

Os alumnos e alumnas de 4º seguimos a estudar os diferentes formas de relevo. Desta vez estudamos como se vive nunha zona de chaira.

miércoles, 9 de junio de 2021

DÍA DO MEDIO AMBIENTE-5 ANOS A

 Mañá, 5 de Xuño, é o día Mundial do Medio Ambiente e na clase de 5 anos A do CEIP de Arzúa adiantámonos facendo esta coroa tan divertida coa "cara" sorrinte do noso planeta e un montón de corazóns que simbolizan canto lle queremos á nosa Terra e as ganas que temos de coidala ben.










DÍA DA SAÚDE EN 5 ANOS A

 O 7 de abril, día mundial da saúde, na clase de 5 anos A traballamos cunhas fichas sobre a saúde e os hábitos saudables. 

Primeiro cada neno/a explicou que consideraba que era a saúde. Logo, para chegar a un consenso nesta definición, lemos un decálogo con 10 puntos que se deben incluír no concepto ou na idea de saúde.

E por último, colorearon a ficha.



Logo vimos un poema sobre a saúde do cal despois de lelo todos os nenos e nenas da clase fixeron cadanseu debuxo de hábitos ou obxectos saudables, por exemplo, deportes, froita e aire libre neste debuxo:

Por último, analizamos dous "camiños" con hábitos ou actividades diarias e falamos sobre cal deles é o que debemos seguir por ser o máis saudable.






CONTOS PARA UN MUNDO SAUDABLE

 No primeiro trimestre deste curso, na clase de 5 Anos A do CEIP de Arzúa fixemos un libro de contos sobre o medios ambiente e contos sobre a saúde.

Cada semana lemos un conto, falamos sobre o que pasaba nel, das súas personaxes e do que nos ensinaba. Logo colorearon os debuxos da portada e/ou un debuxos con escenas do conto.

Estes son os contos que traballamos

Contos sobre o medio ambiente:

























Contos sobre a saúde: