miércoles, 29 de junio de 2022

A importancia do contorno no proceso de ensino aprendizace

 Deixámosvos aquí o vínculo de acceso ós exemplos de algunhas das nosas propostas neste curso: 


https://aulainfantilarzua.blogspot.com/?m=1


Aula 6° Infantil Grupo B, curso 2021/2022


jueves, 23 de junio de 2022

O MAR

 Chega o verán e na aula de 3 anos A quixemos saber cousas sobre o mar, a súa fauna e flora, as actividades que podemos facer nel,  como debemos coidalo, as súas lendas, etc.




A PRIMAVERA

 A primavera ten moitísimas flores, animais, e outras cousas que ver e sobre as que falar e traballar. Despois de investigar e falar sobre elas, na aula de 3 Anos A fixemos varias manualidades.







AS PAISAXES E A PRENSA

 Na Semana da Prensa na aula de 3 Anos A vimos algunhas noticias sobre a natureza, o tempo climático etc. E falamos sobre elas. Despois fixemos unha paisaxe de choiva primaveral e outra duha balea no océano con papeis de xornal.




AS CASTAÑAS

 As castañas son un elemento importante das paisaxes de Galicia no outono, así como da súa historia, da súa gastronomía e da súa cultura. Por iso na aula de 3 Anos A quixemos adicarlle a este alimento varios traballiños.





PAISAXES DE OUTONO E INVERNO.

 Na aula de 3 anos A, no primeiro trimestre, fixemos uns traballiños das paisaxes de outono e de inverno, falamos das súas diferencias, de cal nos gusta máis e do que temos que facer para manter as paisaxes limpas e "saudables".




domingo, 12 de junio de 2022

DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

 As Nacións Unidas designaron o 5 de xuño como Día Mundial do Medioambiente coa finalidade de sensibilizar á poboación mundial acerca da importancia de coidar os nosos ecosistemas e fomentar o respecto ao medioambiente.

Deste xeito, preténdese motivar ás persoas para que se convirtan en axentes activos do desenvolvemento sustentable e equitativo e fomentar a cooperación para que o medioambiente sexa sostible.

Iso mesmo é o que fixemos no colexio. Traballamos a gran importancia e o por que desta conmemoración e elaboramos neste mural colectivo baixo o lema “Como podemos coidalo?" onde cada aula decorou e rotulou nun contedor diferentes respostas a estas preguntas:

                               

 

Non malgastando a auga.

Limpando os espazos naturais.

Mantendo limpas as augas dos ríos e praias.

Reciclando.

Evitando o uso de plásticos.

Usando o transporte público.

Conservando o noso contorno.

Reducindo o uso de pesticidas.

Usando enerxías renovables.

Reutilizando recursos.

Reducindo o consumo.

Facendo uso dos puntos limpos.

Non malgastando a enerxía.

 

                Alumnado de 4 anos

martes, 7 de junio de 2022

AS FRAGAS GALEGAS: BIODIVERSIDADE E CONSERVACIÓN

 O día 2 de xuño, o alumnado de 1º de primaria puido gozar dun obradoiro levado a cabo por Educalecrín. Comezouse a falar das árbores das fragas galegas e dos animais como o xabaril, os teixugos ou porcoteixos, o lobo, o corzo,o oso...

Logo levouse a cabo un xogo: entregaron caixas que contiñan pegadas de animais, fotos deses animais e características dos mesmos. Por grupos, tiveron que relacionar: animal-característica-pegada.

Outra actividade consistiu en escoitar os sons dos animais (a música da natureza, o son da fraga) e adiviñar de que animal se trataba.

Finalmente, os nenos e nenas puideron visualizar máis fotos de animais.

Foi moi entretido. O vídeo xa o di todo!!!