miércoles, 22 de febrero de 2023

CICLO DA AUGA_ TRABALLO DE 3º E.PRIMARIA

O alumnado de 3º E.Primaria quixo con este traballo plástico representar o ciclo da auga. O encuadernador que lle colocamos no centro permite desprazar as gotas da auga que pintamos nun triángulo transparente para amosar que esas precipitacións que caen das nubes, cando chegan ao terreo, algunhas fíltranse polo terreo e almacénanse baixo terra formando as augas subterráneas. Outras van parar aos ríos e de alí ao mar, onde esa auga se evapora e ao arrefriarse, condénsase e orixina as nubes. Por medio das precipitacións, a auga regresa á superficie terrestre en forma de chuvia, neve ou saraiba, e desemboca finalmente nos mares e océanos, completando deste modo o ciclo.  O ciclo da auga repítese!!

A agua, ademais da importancia que ten para a existencia da vida, é un recurso que está directamente relacionado co clima e coa paisaxe do noso planeta. A configuración da paisaxe depende do ciclo da auga, xa que a circulación de auga dos continentes ao mar é a principal responsable do desgaste da superficie terrrestre e, por tanto, da formación do relevo.