miércoles, 29 de marzo de 2023

O ALUMNADO DE 3ºB PLANTA TOMATEIRAS E LEITUGAS NO INVERNADOIRO DO COLEXIO

O 23 de marzo, o alumnado de 3º B plantou nos bancais que temos no invernadoiro do colexio, tomateiras e leitugas. Estas plantas foron mercadas o día anterior polos nenos e nenas de 1º A e 1º B que visitaron a feira que se celebra en Arzúa.  

Agora teremos que facer un seguimento das nosas plantacións para ver como medran as leitugas e os tomates.










lunes, 27 de marzo de 2023

As paisaxes sonoras de Vivaldi

Este mes de Marzo estivemos traballando con Vivaldi nas clases de música. Coas audicións das catro estacións do compositor, intentamos imaxinar como pintaban a natureza os instrumentos de corda, e falamos das paisaxes que describe Vivaldi en cada canción para logo representalas nun debuxo. O alumnado podía escoller o tipo de representación que querían transmitir no seu debuxo, pois podía ser unha paisaxe representada ou podían intentar plasmar as emocións e sensacións que lles provocaba a música. Aquí deixámosvos uns exemplos dos seus traballos:


Infantil - Outono, Verán, Inverno, Primaveira

    

                               
                                           

                                                                                                 


3ºA - Tormenta (parte da peza do Verán):





3ºB - Outono:





1º A e B - As catro estacións






E así de enriquecedora foi a nosa experiencia coas paisaxes sonoras de Vivaldi. A natureza ten moito que ofrecer! É unha importantísima fonte de inspiración dende o principio da historia da música e agardamos que os nenos e nenas aprendan a ver e a sentir tanta beleza.



















              


lunes, 13 de marzo de 2023

SOBREVOANDO PAISAXES EN 4º

 Despois de falar das diferentes paisaxes do mundo, os nenos e nenas de 4º debuxáronse sobrevoando diferentes lugares do mundo onde amosaron as vistas que tiñan desde as súas alfombras máxicas.

Así de bonitas quedaron!









PAISAXES en 4º

 O alumnado de 4º realizou este mural no que decorou unha paisaxe empregando a técnica de colorear con símbolos ( círculos, liñas, ondas...).

Quedou así de bonito!