viernes, 1 de julio de 2022

OBRADOIRO DE IDENTIFICACIÓN DE FAUNA ÚTIL

 Este mércores, 15 de xuño, levouse a cabo un “Obradoiro de Identificación de fauna útil” organizado pola ANPA O FORMENTO para todo o alumnado do colexio.

Este taller realizouse en tres quendas (unha para Educación Infantil e outras dúas para Primaria) onde a cada grupo de rapaces e rapazas se lles asignou un nome: tivemos os grupos das xoaniñas, os dos morcegos, os das abellas e os dos paporroibos.

Co alumnado de Educación Infantil realizáronse as seguintes actividades:

* En primeiro lugar, realizouse unha breve introdución explicando a problemática actual de perda de ecosistemas e hábitats de numerosos seres vivos por causa do dominio que ten a nosa especie no planeta que, xunto co cambio climáticos, son dúas das pedras angulares coa que terán que lidiar nun futuro non moi lonxano.

                   

* Logo, realizaron un mural interactivo colocando cada foto de cada animaliño no  seu hábitat correspondete, coa finalidade de recoñecer e representar a través de imaxes a fauna e flora. Este mural estaba composto de diferentes zonas:

Zona baixo terra: miñocas, toupas, raíces…

Zona herba: xoaniña, biscante, margaridas…

Zona poza: sapo, píntega…

Zona árbore: araña, formiga…

Zona cortizo: abellas…

                   

 

 

* Puideron coller un biscante, buscar unha miñoca, viron un cortizo e falaron del…

                    

 

* A seguinte actividade consistiu na construción e decoración de casas niño e caixas de morcego. Deste xeito, os nenos e nenas aprenderon a través de varias manualidades a construir novos espazos naturais para diferentes animais con elementos totalmente biodegradables.

Para rematar, colgaron as casiñas para os paxaros e morcegos nas árbores do patio do colexio.

                

 

* Hotel de insectos: entre todos os cursos crearon un hotel de insectos beneficiosos. Aquí vemos aos nenos e nenas de Infantil.

                           

 

O alumnado de Educación Primaria realizou as seguintes actividades:

Introdución, da que falamos anteriormente.

                      

* Realización dun xogo cuestionario: consistiu nun xogo de preguntas para que os rapaces e rapazas poideran xogar, debater e competir estre aulas. Había tres respostas posibles, e logo de que se formulara a pregunta, cada aula debía debater e intentar chegar á resposta correcta, para despois levantar a tarxeta que consideraba que daba lugar a esa resposta verdadeira. Acertaron a maioría delas!

                   

* Realización e decoración de caixas niño e caixas de morcegos.

 

* Creación dun hotel de insectos. Os rapaces e rapazas de Primaria remataron a construcción deste hotel.

                                

O venres, levarase a cabo a “solta de bichos”: todo o alumnado interactuará de forma directa con diferentes especies de insectos útiles a través de xogos de contacto.

Cada clase inaugurará o seu hotel boidegradable para deixar en liberdade a toda esta fauna.

 

Desfrutamos e aprendemos moito!