jueves, 20 de febrero de 2020

LAPBOOKS DO MEDIO AMBIENTE

Os alumnos de 6º traballaron o tema do Medio Ambiente mediante lapbooks. Traballaron en equipos para recoller a información necesaria para elaborar o lapbook. Con esta actividade tratáronse os seguintes obxectivos:

  • Coñecer que é unha paisaxe e definila.
  • Coñecer as distintas tipoloxías de paisaxes.
  • Transmitir actitudes, normas e valores para sensibilizar na conservación da paisaxe.
  • Identificar os elementos da paisaxe, coñecer algunhas das súas características e percibir os cambios máis notorios que se producen neles.
  • Describir os distintos tipos de paisaxes.
  • Analizar algunhas manifestacións da acción humana na paisaxe.










miércoles, 19 de febrero de 2020

Tipos de paisaxes

Os nenos e nenas de 3 anos A tamén traballan a paisaxe. Coa axuda da súa profe Alicia diferencian oral e visualmente paisaxes costeiros e de montaña, traballan sobre a costa e as illas,sobre a montaña, o río e as ribeiras e as fervenzas. Deste xeito traballan os distintos tipos de paisaxe.


A costa e as Illas





A montaña







O río e as ribeiras
- Pontes sobre o río
- De que materiais se poden facer as pontes




As fervenzas
- Concepto de fervenza
- Enerxía das fervenzas






lunes, 10 de febrero de 2020

Batemos froitas e hortalizas

Os alumnos de Audición e Linguaxe aprenderon a clasificar as froitas e hortalizas. Ao mesmo tempo repasaron a articulación dos distintos fonemas e aumentaron o vocabulario. Agradecer a Sonia Márquez Logopeda o material.





martes, 4 de febrero de 2020

Coñecendo a nosa contorna natural

Na clase de primeiro de primaria botamos man dos experimentos para coñecer mellor o medio que nos rodea, cumprindo cos obxectivos de:
  • "dar a coñecer a nosa contorna natural"
  • "incrementar o interés, a curiosidade e a valoración da paisaxe na que se desenvolve o alumnado diariamente" 
  • para finalmente "obter produtos no noso invernadoiro".

Con un sinxelo procedemento imos observar o proceso de xerminación e crecemento das sementes; neste caso, os legumes.
Nun frasco de vidro que contén algodón empapado en auga colocamos fabas, lentellas e garavanzos.
Aprendemos sobre as condicións necesarias para que se produza a xerminación: calor e humidade, e sobre que necesitan as plantas para vivir: Auga, luz solar e os nutrientes que contén a terra.
Agora, con moita paciencia, imos observar os cambios que se vaian producindo día a día nos nosos legumes.




Ao cabo dunha semana xa empezamos a ver os brotes:





Ao cabo de dúas semanas




Ao cabo de tres semanas



Acabado o proceso de xerminación, o alumnado levou para a súa casa a planta.