lunes, 18 de diciembre de 2023

CDs reciclados

A porta da aula de música xa ten a decoración que se merece tras poñer os CDs reciclados que pintaros os nenos e nenas de 1º EP, nas sesións de Educación plástica e visual. 


    


Nesta era das tecnoloxías, moitos obxectos do pasado quedan gardados nunha caixa para tirar, pero unhas pinturas acrílicas, uns rotuladores similares aos Posca ou unhas pegatinas ou papel brillante para decorar, poden darlle unha nova vida ao noso refugallo.

Apuntémonos á tendencia da ARTE SOSTIBLE !

martes, 5 de diciembre de 2023

Bosque navideño de reciclaxe

Os nenos e nenas de 1º de EP, para a materia de Ed. artística, transformaron os cartóns do papel de baño e de cociña gastados que tiñan na casa nunhas árbores navideñas para facer un bosque de cartón. Que bonito quedou!




Felices festas!

martes, 27 de junio de 2023

A MALETA MARIÑEIRA

 Na aula de 4 Anos A do CEIP de Arzúa encantounos ver a Maleta Mariñeira e o seu contido, con moitas historias, contos e xogos para apreder e recordar cousas que xa viramos sobre a vida no mar.






QUE VIVAN AS ABELLAS!

 Os nenos e as nenas de 4 anos A aprenderon moitas cousas sobre as abellas e a súa importancia para a vida no noso planeta.planeta.

Fixemos unha visita ao Enredo do Abelleiro onde nos explicaron un montón de cousas sobre elas e mais puidemos velas directamente.

Logo recopilamos toda esta información nun libriño para cada peque e fixemos varias manualidades coas abellas de protagonistas.























martes, 20 de junio de 2023

A AUGA, FONTE DE VIDA_MURAL DE 3ºA

Durante este curso, a auga foi protagonista na aula de 3ºA. Por iso, o alumnado realizou ao longo dos meses un mural que leva por título "A auga, fonte de vida". Estudamos as súas características, reflexionamos sobre a súa importancia no noso planeta e chegamos á conclusión de que "sen auga, non hai vida". 


   


    

A AUGA, FONTE DE VIDA_MURAL DE 3ºB

O alumnado de 3ºB preparou este curso un mural que levou por nome "A auga, fonte de vida". Nel reflectimos parte do traballo que fixemos arredor da temática da auga, un ben escaso que debemos todas e todos protexer.


  

  

miércoles, 14 de junio de 2023

Coidamos a contorna reciclando! - 3 anos B

Na aula de 4º de Educación Infantil B descubrimos, tras ler varios contos, a reciclaxe e a reutilización como medidas para o coidado e protección do medio ambiente. Así pois, ao longo do curso escolar, elaboramos varias manualidades coa fin de proporcionarlle unha nova vida a algúns obxectos. Aquí vos deixamos dúas das moitas que fixemos: abellas con rolos de papel hixiénico e botes sensoriais e da calma con botellas de plástico. 

miércoles, 7 de junio de 2023

A AUGA E A SÚA IMPORTANCIA - 3 ANOS B

O alumnado de 4º de Educación Infantil B estivemos traballando, ao longo do presente curso escolar, sobre a importancia da auga, tanto para a vida do planeta como para o noso organismo, e o seu coidado. Para elo, tras a visualización dun vídeo realizamos unhas gotiñas de auga e colaboramos na elaboración dun mural grupal para comprometernos ao seu coidado e, de forma conxunta, puxemos en común medidas coas que favorecelo. Algunhas delas fúmolas aplicando a diario na aula como, por exemplo, pechar a billa despois de lavar as mans. 


Así mesmo, tamén profundamos no descubrimento dos ecosistemas mariños facendo especial fincapé na súa contaminación axudándonos, para iso, da maleta viaxeira que recibimos na aula. De todas as obras, eliximos "El mar enfermo" e "Salvemos los océanos". Logo, cooperamos na elaboración do mural sobre o "Día do Medio Ambiente" lanzando a nosa mensaxe ao mar reivindicando o seu coidado.

"Dentro das paisaxes", concurso de fotografía

 Este curso, para celebrar o Día do Medio Ambiente, dende a biblioteca organizamos un concurso de fotografía. Inspirándose nunha das pinturas que amosamos no blogue, os nenos e nenas que querían participar debían crear a súa propia imaxe e facer unha fotografía, celebrando así a natureza tan fermosa que nos rodea en Galiza. 

Con todas as fotografías creamos un mural que estará exposto ate final de curso na zona exterior da biblioteca, para que os vosos compañeiros e compañeiras, e mestras, podan apreciar o voso esforzo. 

A fotografía do gañador queda enmarcada e ao seu lado podemos ver a pintura orixinal na que se inspirou o participante; toda unha paisaxe galega que representa o especial que é o noso fogar.









Moitas grazas pola participación, e lembrade que mañá, xoves, no recreo, entregaremos os premios e o detalle a todos os participantes.


martes, 6 de junio de 2023

Os cambios na paisaxe coas estacións - 3 anos B

Ao longo do presente curso escolar, os alumnos/as de 4º de Educación Infantil B estivemos traballando sobre as diferentes estacións (outono, inverno e primavera) ao mesmo tempo que observabamos os cambios que se ían producindo na paisaxe da nosa contorna. 

No outono, observamos a caída da folla aprendendo a diferenzar entre as árbores caducas e perennes; experimentamos a textura e o son das follas secas e ata nos atrevimos a realizar algunha estampación con elas. Tamén descubrimos os fungos e as castañas como elementos característicos desta estación. 


No inverno, profundamos na névoa como un dos fenómenos atmosféricos típicos e, como na escola non tivemos a oportunidade de observala directamente, levamos a cabo un taller de névoa caseira. Que mañá máis divertida e canto experimentamos con ela e as súas texturas! 


Coa chegada da primavera, analizamos o contraste das características da paisaxe nesta estación con respecto ás dúas anteriores. Todos os coñecementos adquiridos quedaron reflitidos na construción dun mural grupal. 


miércoles, 31 de mayo de 2023

OBRADOIRO DE AGROECOLOXÍA IMPARTIDO AO ALUMNADO DE 3º A e 3º B

Hoxe, 31 de maio despedimos o mes cun obradoiro moi interesante sobre "Agroecoloxía". Primeiro xuntámonos as dúas clases de terceiro na biblioteca e asistimos a unha pequena charla onde se nos explicou como se poden coidar as plantas sen usar pesticidas nin outras substancias contaminantes, que tipos de asociacións podemos elixir á hora de facer a nosa horta, como coidala e combatir as plagas... 



Saímos ao patio e formamos grupos de seis. Dous grupos foron para o invernadoiro e plantaron por un lado acelgas e cebola (dúas plantas que se levan moi ben e se axudan mutuamente) e por outro lado caravel, pemento e porros (outra asociación a ter en conta). Alí explicáronnos que primeiro debiamos remover a terra, logo colocar a planta, botar o abono natural que había preparado nun cubo, colocar palla para protexelas ao redor e logo regalas. 



Despois de traballar no invernadoiro, tiñamos que ir polo patio e buscar paxaros para logo, coa axuda dunha guía, intentar identificalos. Puidemos ver un niño agochado entre as pólas dunha árbore que ten tres ovos!!



A continuación, cada equipo foi pasando por outra zona onde tiñamos que buscar nunha guía o nome de tres plantas aromáticas e debuxalas; e, na última estación deste obradoiro, había que buscar nun libro as respostas a estas preguntas: 
- Que podes facer se a túa horta se enche de pulgóns?
- Para que poderías usar a ortiga na túa horta?
- Que farías se atopas a horta chea de toupas?
- E se hai babosas?