domingo, 30 de mayo de 2021

A RECICLAXE NA AULA DE 4 ANOS A

 Os nenos e nenas de 4 anos A tamén  reciclan e reutilizan, aproveitando cousas do seu día a día para facer outras que lles gustan e ademais fanlles pasar momentos moi divertidos.








sábado, 29 de mayo de 2021

NA AULA DE 4 ANOS A RECICLAN E PRANTAN HERBA

 Os nenos e nenas de 4 anos A reciclan vasos de iogur. Primeiro pintáronos e despois prantaron herba.

E que ben a cuidan!!!


























A CASTAÑA CATARINA

 Aló polo mes de Novembro, na aula de 4 anos A coñeceron a Catarina, con motivo dunha das celebracións do noso colexio, O Magosto. A mestra contóulles aos nenos e nenas o conto de Catarina e eles/elas trouxeron castañas á clase. Despois prantáronas e anotaron o día. 

O encargado ou encargada tiña  que regala e cando naceu e medrou un chisquiño, prantárona no patio do colexio, coa axuda de Alberto, o noso conserxe, que lles fixo o buraco no chan, aínda que os nenos e nenas tamén lle axudaron eh!

Aquí podedes escoitar o conto.

















































martes, 11 de mayo de 2021

O ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA PRANTA NO INVERNADOIRO DO COLEXIO

 Neste 3º trimestre, na materia de Valores Cívicos e Sociais, estamos traballando sobre a defensa do medio ambiente e a nosa implicación no seu respecto, co alumnado de 1ºEP. 

Despois de ler un conto para poñernos en situación, concretamente "Mek, a semente"achegámonos ao noso invernadoiro para plantar os amorodos e os ravos que con anterioridade sementaramos. 

Que ben o pasamos alí!

Podedes ver o vídeo aquí ou a través do código QR



martes, 4 de mayo de 2021

CONCERTO DE MAMÁ CABRA NO NOSO CENTRO

 O 3 de maio todos os nenos e nenas do CEIP de Arzúa puideron gozar dun concerto en directo a cargo de dúas integrantes da compañía Mamá Cabra. Con elas fixemos un percorrido pola fraga, os seus sons, as árbores que hai nela, e a importancia de coidala. Esta narración oral foi acompañada de cancións interpretadas coa axuda das guitarras. 

O espectáculo que leva por título "Patrimonio Natural" foi financiado polo Concello de Arzúa. 

    

    

Estas fotografías e o vídeo corresponden ao pase que se fixo para o alumnado de E. Infantil.

     


  

 

https://youtu.be/Qr6HoIhhJQo