jueves, 18 de abril de 2024

XARDIÑEIR@S E ARTISTAS

 Chegou a primavera e con ela o sol e as flores. En tres anos realizamos diferentes actividades primaverais :

Plantamos 



Manipulamos e traballamos os sentidos





Realizamos cadros fantàsticos utilizando flores recollidas por nós mesmos










AMÉRICA , PAISAXE E CULTURA.

 Neste entroido tocou disfrazarse de países do mundo. A aula de 3 anos viaxamos o continente Americano buscando a calor do sol.

A sombra dos plataneiros Unha fotaza sacaremos! 



miércoles, 27 de marzo de 2024

O POBO INUIT E A PAISAXE POLAR

 Este curso no CEIP de Arzúa estamos a traballar as distintas culturas que hai no mundo.

Para o entroido a clase de 5 Anos A escollemos disfrazarnos de "esquimós" e por iso decidimos investigar e facer un traballiño sobre a cultura INUIT. Esta palabra significa "pobo", e non lles agrada que lles chamen esquimós, que significa "persoa que come carne crúa".

Aprendemos cousas sobre onde viven, que comen, como se desprazan, que obxectos usan e con qué os fan. Teñen uns xogos e uns intrumentos musicais moi chulos.

Tamén vimos que é a aurora boreal e os animais que viven preto dos inuit. Sabiades que no Polo Norte non hai pingüíns? Só viven no polo sur.

Falamos do quentamento global e do desxeo dos casquetes polares cunha poesía sobre un osiño polar que estaba moi triste por este motivo.

Fixemos un libriño no que recollemos as cousas que aprendemos e deixámosvos aquí unha pequena mostra das súas páxinas.


















martes, 26 de marzo de 2024

BOLSAS DE "SEGUNDA MAN"

 Seguindo o exemplo da profe Alicia, na aula de 5 Anos A do CEIP de Arzúa reutilizamos bolsas de papel que tiñan os peques na casa para levar os traballilos do segundo trimestre, no canto de mercar bolsas novas e evitar así tirar as vellas e xerar máis lixo.

Démoslles unha nova "vida" pegándolles papeis de cores e uns debuxiños.

Quedaron tan bonitas que se poden usar para gardar cousas e decorar os seus dormitorios.




AS VACAS E A FESTA DO QUEIXO DE ARZÚA

 Cada ano, na primeira fin de semana do mes de marzo celébrase en Arzúa a Festa do Queixo. 

Con este motivo, parte do alumnado do Ciclo de EI da EFA de Arzúa veu á nosa aula de 5 Anos A do CEIP de Arzúa para falarnos sobre as vacas e a súa importancia na paisaxe, na economía e na alimentación en Galicia.

Todo isto fixérono mentras xogamos ao "Twister do Queixo" e decoramos uns debuxos dunhas vacas.

E déronnos unhas medallas por facelo tan ben! 









VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL DE SANTIAGO

 O pasado 12 de marzo o alumnado de 6° de EI do CEIP de Arzúa visitou o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela.

Alí aprenderon unha morea de cousas sobre os animais e os seus distintos habitats, así como sobre o xeito no que os estudan no museo.







domingo, 17 de marzo de 2024

VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL DA USC - 4 ANOS A e B

O pasado 13 de marzo, os alumnos e alumnas de 5º de Educación Infantil realizamos unha saída didáctica ao Museo de Historia Natural da USC. Ao longo da visita puidemos apreciar diferentes paisaxes e ecosistemas e coñecer a flora e a fauna que as/os conforman. Así mesmo, tivemos a oportunidade de adentrarnos nunha mina e observar unha diversidade de minerais e rochas. Desfrutamos dun total de tres grandes exposicións que xiraban entorno á biodiversidade mariña, á xeodiversidade e ao solo e finalmente, á biodiversidade terrestre. Todo isto, acompañado de contos, cancións e inclusive actividades manipulativas e interactivas onde puxemos en práctica todos os coñecementos adquiridos.