martes, 31 de mayo de 2022

PAISAXES REALIZADAS CON MATERIAL RECICLADO QUE LEVAN INCORPORADO UN CIRCUÍTO ELÉCTRICO

O alumnado de 6ºA  incorporou un circuíto eléctrico dentro dunha paisaxe realizada con material reciclado.  Este foi o resultado!









Con todas as paisaxes montouse unha exposición na primeira planta do colexio para que todos os alumnos e alumnas doutros niveis puidesen velas. Os máis pequenos e pequenas do cole son os que máis desfrutaron visitando a exposición.




miércoles, 18 de mayo de 2022

Celebramos as conmemoracións con recursos naturais.

 

Polo día da nai aproveitamos que  estamos a traballar coas plantas aromáticas  para elaborar uns xabóns curandeiros. Quedaron fantásticos!

 


 

 

E.... polo día da familia, elaboramos  uns  xoeieiros e uns perfumes de rosas para compartir entre os diferentes membros.





Ummmm... que ben arrecenden!

 

 


Na clase Dos Lobos andamos a investigar os vermes de seda. Agora mesmo, están na fase de larvas. Estamos abraiados  do que medran cada día. Comen moitas follas de Moreira!

-        -Casa elaborada para os vermes



-        - 1º Fase: Ovo



-        - 2ºFase: Primeira Idade (Larvas). Comezaron a eclosionar os ovos. Naceron as larvas con moitos peliños. A medida que vaian medrando a súa cor vai aclarando.



-        

TALLER DE RECICLAXE E COMPOSTAXE

 

O día 18 de maio, o alumnado de 1º de primaria levou a cabo un taller de Reciclaxe e Compostaxe a través do Concello de Arzúa.

Puede ser una imagen de 8 personas, personas de pie e interior

Por que é importante reciclar?

Tratáronse temas como:

Os seres vivos dependen de como nós cuidemos o planeta.

Deforestación, arrancando árbores dun xeito non respetuoso co medio ambiente.

Reciclar papel

Restos de comida 

Composteiro

Leváronse a cabo actividades por grupos:

- Repartíronse fichas para facer en grupo sobre os contidos expostos: entrega de residuos para colorear e meter no contedor que corresponda e poñer o nome do contedor.

- Actividade de compostaxe: buscar bichiños no compost coa axuda de lupas, guantes e pauciños.