domingo, 28 de abril de 2024

Obradoiro de Arte Reciclado na biblioteca

 Seguimos a desfrutar dos obradoiros na nosa Biblioteca Creativa, esta vez da man de Raquel Germade, muralista e pintora que, representado á escola de Arte Allegro Os Tilos, deseñou coa axuda dos alumnos e alumnas de 3º de Primaria un cuadro para dar a benvida á primavera. Cun lienzo de cores, flores de plástico e reciclando papel e cartón, o resultado quedo precioso! Así que colgaremos a obra de arte deste obradoiro no rincón chill out da nosa biblioteca.













jueves, 25 de abril de 2024

VISITA A MARCELLE - 4 ANOS A e B

O pasado 23 de abril, os nenos/as de 5º de Educación Infantil visitamos o parque zoolóxico "Marcelle Natureza". Durante a saída, puidemos observar e coñecer especies animais dos diferentes continentes do noso planeta así como apreciar o coidado e o mantemento do seu hábitat. Así mesmo, tamén tivemos a oportunidade de ver esculturas talladas sobre madeira. Foi un día moi emocionante e especial! 

lunes, 22 de abril de 2024

DECORAMOS RECICLANDO

 Chegou a primavera e con ela as cores e o sol! 

E así de chula nos quedou a nosa porta con insectos de primavera utilizando material de refugallo con tubos de cartón de papel hixiénico. 

Todos e todas uns e unhas artistas! 



O ENREDO DO ABELLEIRO

 O alumnado de 3 anos visitamos o ENREDO DO ABELLEIRO , enmarcado nunha PAISAXE preto do encoro de Portodemouros.

Unha paisaxe rodeada de plantas e flores precisas para o traballo das abellas. 





jueves, 18 de abril de 2024

XARDIÑEIR@S E ARTISTAS

 Chegou a primavera e con ela o sol e as flores. En tres anos realizamos diferentes actividades primaverais :

Plantamos 



Manipulamos e traballamos os sentidos





Realizamos cadros fantàsticos utilizando flores recollidas por nós mesmos










AMÉRICA , PAISAXE E CULTURA.

 Neste entroido tocou disfrazarse de países do mundo. A aula de 3 anos viaxamos o continente Americano buscando a calor do sol.

A sombra dos plataneiros Unha fotaza sacaremos!