jueves, 19 de diciembre de 2019

Paisaxes con alumeado

O alumnado de 6º de Educación Primaria, despois de estudar o tema da corrente eléctrica, elaborou en equipo de tres distintas paisaxes, ás que incorporou un circuito eléctrico para introducir un punto de luz nas mesmas.






domingo, 15 de diciembre de 2019

Explorando o entorno do noso colexio

No outono as árbores do patio do noso colexio comenzaron a cambiar de cor, pasando de ser verdes a ser amarelas ou marróns e incluso vermellas, formando ao seu arredor unha fermosa alfombra de cores.






Antes de que chegue o inverno caen todas as súas follas, quedando espidas e desaparecendo as súas intensas cores. 

Pero...hai árbores de cor verde que a pesares do frío non perden as súas follas.
Se algunha vez vos preguntastes isto, a resposta é que o que estades vendo son as adaptacións das plantas ás condicións ambientais. Os nenos e nenas de primeiro de primaria souberon diferenciar enseguida as plantas de folla perenne e as plantas de folla caduca.
No noso patio hai castiñeiros, que son de folla caduca, que están nas imaxes anteriores e temos outros de folla perenne como o acivro.



Visitamos tamén o invernadoiro, no cal atopamos algunha espiga de millo. No inverno haberá que empezar a preparar a terra do mesmo para logo poder plantar.

Os nenos e nenas pasárono moi ben explorando o patio, recollendo follas, ourizos e mesmo atoparon cogomelos, que por certo xa coñecían despois da visita que fixeron ao IES de Arzúa.









Arrancamos cos programas do Plan Proxecta

Como inicio ao Plan Proxecta, concretamente aos programas de "Sustentabilidade e Paisaxe" e "Aliméntate Ben", que se van levar a cabo no CEIP de Arzúa ao longo do curso 2019/2020, o pasado xoves 7 de novembro tivemos a oportunidade de visitar no IES de Arzúa unha exposición de cogumelos realizada polo alumnado de agraria. Nesta exposición, o alumnado participante nos programas anteriormente mencionados puido observar unha morea de exemplares de cogumelos, así como os seus nomes e a idea de que hai cogumelos comestibles e outros que son velenosos, sendo a "micoloxía" a ciencia que os estuda.



































Mostráronnos tamén como certos cogomelos cambian a cor da súa carne ao cortalos.
Espertáronse curiosidades como algún nome ("peido de lobo") e a idea de que se poden identificar os cogumelos a partir das súas esporas. Observamos as "esporadas" ou impresións de esporas (mancha formada polo conxunto de esporas que deixa caer un cogumelo maduro sobre unha superficie), que son importantes para identificar o cogumelo, debido a que a súa cor varía con cada especie e tamén permite iniciar algún cultivo partindo destas esporas.
Quédannos moitas cousas por aprender dos cogumelos. O outono vístese de cores e móstranos a súa beleza, na que contrastan vermellos, ocres e dourados, mesturados cos verdes das follas perennes.
Se chove, medran os cogumelos. Hainos no campo, nos bosques e ata nos xardíns e cada paisaxe ten os seus. O níscalo por exemplo é típico dos pinares. Para buscalos temos que valorar a vexetación e hai que saber de árbores, xa que certos cogumelos só están debaixo dun tipo de vexetación (arbusto, árbore,...) e isto é básico para saber o que buscamos. Canto nos queda por investigar...e farémolo a partir desta visita, porque... os cogumelos, que son? plantas? fungos? froitos?...que é unha planta? e un fungo? e un cogumelo? en que tipo de paisaxe medran? que precisan para medrar? queremos facer esporadas?... Adiante pequenas e pequenos...