miércoles, 27 de marzo de 2024

O POBO INUIT E A PAISAXE POLAR

 Este curso no CEIP de Arzúa estamos a traballar as distintas culturas que hai no mundo.

Para o entroido a clase de 5 Anos A escollemos disfrazarnos de "esquimós" e por iso decidimos investigar e facer un traballiño sobre a cultura INUIT. Esta palabra significa "pobo", e non lles agrada que lles chamen esquimós, que significa "persoa que come carne crúa".

Aprendemos cousas sobre onde viven, que comen, como se desprazan, que obxectos usan e con qué os fan. Teñen uns xogos e uns intrumentos musicais moi chulos.

Tamén vimos que é a aurora boreal e os animais que viven preto dos inuit. Sabiades que no Polo Norte non hai pingüíns? Só viven no polo sur.

Falamos do quentamento global e do desxeo dos casquetes polares cunha poesía sobre un osiño polar que estaba moi triste por este motivo.

Fixemos un libriño no que recollemos as cousas que aprendemos e deixámosvos aquí unha pequena mostra das súas páxinas.


















martes, 26 de marzo de 2024

BOLSAS DE "SEGUNDA MAN"

 Seguindo o exemplo da profe Alicia, na aula de 5 Anos A do CEIP de Arzúa reutilizamos bolsas de papel que tiñan os peques na casa para levar os traballilos do segundo trimestre, no canto de mercar bolsas novas e evitar así tirar as vellas e xerar máis lixo.

Démoslles unha nova "vida" pegándolles papeis de cores e uns debuxiños.

Quedaron tan bonitas que se poden usar para gardar cousas e decorar os seus dormitorios.




AS VACAS E A FESTA DO QUEIXO DE ARZÚA

 Cada ano, na primeira fin de semana do mes de marzo celébrase en Arzúa a Festa do Queixo. 

Con este motivo, parte do alumnado do Ciclo de EI da EFA de Arzúa veu á nosa aula de 5 Anos A do CEIP de Arzúa para falarnos sobre as vacas e a súa importancia na paisaxe, na economía e na alimentación en Galicia.

Todo isto fixérono mentras xogamos ao "Twister do Queixo" e decoramos uns debuxos dunhas vacas.

E déronnos unhas medallas por facelo tan ben! 









VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL DE SANTIAGO

 O pasado 12 de marzo o alumnado de 6° de EI do CEIP de Arzúa visitou o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela.

Alí aprenderon unha morea de cousas sobre os animais e os seus distintos habitats, así como sobre o xeito no que os estudan no museo.







domingo, 17 de marzo de 2024

VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL DA USC - 4 ANOS A e B

O pasado 13 de marzo, os alumnos e alumnas de 5º de Educación Infantil realizamos unha saída didáctica ao Museo de Historia Natural da USC. Ao longo da visita puidemos apreciar diferentes paisaxes e ecosistemas e coñecer a flora e a fauna que as/os conforman. Así mesmo, tivemos a oportunidade de adentrarnos nunha mina e observar unha diversidade de minerais e rochas. Desfrutamos dun total de tres grandes exposicións que xiraban entorno á biodiversidade mariña, á xeodiversidade e ao solo e finalmente, á biodiversidade terrestre. Todo isto, acompañado de contos, cancións e inclusive actividades manipulativas e interactivas onde puxemos en práctica todos os coñecementos adquiridos. 



martes, 12 de marzo de 2024

PAISAXE POLAR - 4 ANOS B

Ao longo do mes de febreiro, os nenos/as de 4 anos B estivemos profundando no descubrimento da paisaxe polar. Para elo, comezamos situando no Planeta Terra o Polo Norte e o Polo Sur. Logo, adentrámonos na exploración do seu clima recreando neve caseira, decorando diferentes copos en forma de vidreiras e, finalmente, orixinando as nosas propias ventiscas de neve. Tamén experimentamos coas cores frías do inverno deixando voar a imaxinación e producindo auroras boreais e austrais. 


Máis tarde coñecimos, por medio de mesas sensoriais e actividades interactivas, os animais que conforman a súa fauna e moitas das súas características. Agradáronnos tanto que decidimos achegar a realidade á aula construíndo os nosos pequenos minimundos polares. 


Xa por último, sensibilizámonos co desxeo dos polos mediante un experimento e manifestamos a importancia da problemática coa elaboración dunha noticia. 

lunes, 11 de marzo de 2024

A CASTAÑA CATARINA

 O alumnado de 4 Anos A do CEIP de Arzúa plantou nun vasiño fai varias semanas unha castaña, a que lle chamaron Catarina.

Unha vez que xermolou decidiron transplantala ao xardín do colexio.

Ogallá Catarina medre moito e chegue a ser un gran castiñeiro.









domingo, 10 de marzo de 2024

INVERNO

Continuamos traballando en 3 anos A e B as estacións. Chegou o inverno e con él o frío , as choivas , xeadas... E por uns intres imaxinamos que ata neva creando a nosa propia neve a través dun experimento para o que precisamos bicarbonato e auga. 






Pero está estación da para moito...polo que a proveitamos para traballar cancións como " Boneco de neve", elaborar o noso propio libro do inverno ,facer bolsas sensoriais e utilizar tubos de papel reciclado para confeccionar unha fermosa àrbore de Nadal. 





COÑECEMOS O OUTONO

 O alumnado de tres Anos A e B saímos a observar os cambios que se producen coa chegada das diferentes estacións. No primeiro trimestre observamos os cambios do noso cole coa chegada do OUTONO.






Traballamos e mesmo degustamos algúns dos froitos típicos da estación : As castañas


 Coñecemos e investigamos sobre os animaliños que nos visitan nos bosques durante esta época do ano : esquíos,  caracois e ourizos cachos.

A partir de esta o observación traballamos diferentes técnicas plàsticas.