martes, 20 de septiembre de 2022

CHARLA SOBRE A ANTÁRTIDA

 O venres, 16 de setembro, tivemos a sorte de recibir no noso colexio a un antigo alumno do centro, Damián García Castro, doutorado en Física.

O arzuán participou nun proxecto de investigación na Antártida, concretamente na base científica española, alí situada.

Contounos de primeira man en que consistiu o proxecto de investigación que o levou á Antártida, cunha presentación moi bonita da que aprendemos moitísimas cousas descoñecidas deste continente.

Ademais de coñecer en que consistía o seu traballo, situamos, en primeiro lugar, a Antártida no mapa.  Logo, coa axuda das imaxes que nos amosou, poidemos coñecer moitas cousas deste continente: cal é a súa temperatura, como se vive, a vestimenta que hai que utilizar, que podemos ver, os animais que alí habitan…

Foi moi emocionante que compartira con nós as imaxes e vídeos que el mesmo sacou alí na súa viaxe, escoitar as súas vivencias e anécdotas e descubrir tantos datos descoñecidos da Antártida para nós.

Agradecemos a túa visita, Damián!

 

Alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria

 

 Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria