jueves, 21 de mayo de 2020

OS CARACOIS


Desde o proxecto de Sustentabilidade e Paisaxe propoñémosvos o seguinte proxecto dos caracois:







lunes, 18 de mayo de 2020

Fenómenos meteorolóxicos

O alumnado de 3º de Educación Primaria estivo traballando os fenómenos meteorolóxicos, e do seu traballo podemos sacar as seguintes imaxes:





TRABALLO DE PAISAXE PARA 6ºB

Bo día a tod@s! Propoñemos unhas actividades para o programa "Sustentabilidade e Paisaxe" no que está a participar o alumnado de 6º B. Podedes enviar os traballos ao correo do cole ceip.arzua@edu.xunta.es ou se o preferides a través do móbil do cole, vía WhatsApp, 698146536.
Na páxina web do cole, na parte dereita ao fondo, aparecen os blogues do Plan Proxecta 2019/2020. Ide ao de “Sustentabilidade e Paisaxe” https://sustentabilidadeepaisaxe.blogspot.com/
Ollade a  entrada: EVOLUCIÓN DAS NOSAS PLANTAS 
Prestade moita atención ao vídeo de como debuxar un caracol para logo poder facelo vós. Podedes debuxalo ou crealo con diversos materiais: corda, plastelina…
Poñede as súas partes e explicade como son estes animais, que comen, como se alimentan, como se reproducen… e todo o que se vos ocurra ou vos suxira curiosidade.

Logo, no debuxo do pantalón, que tedes no documento adxunto, debuxades un caracol na parte esquerda (decorádelo como máis vos guste) e na dereita escribides un poema, pode ser sobre caracois, sobre os maios ou do escritor homenaxeado este ano nas Letras Galegas: RICARDO CARVALHO CALERO. 
No noso horto, os caracois deixaron unha das plantas aromáticas, o ARMUELLE ROJO. Averigua sobre esta planta e fai un pequeño traballo sobre ela. 

Estes son os resultados dos traballos:




































O ciclo da auga

O alumnado de 3º de Educación Primaria estiveron traballando o ciclo da auga e para iso fixeron un traballo estupendo que o representa perfectamente.



domingo, 10 de mayo de 2020

Coñecendo as nosas árbores

O alumnado de Relixión de 5º e 6º fixo unha actividade moi interesante que chamamos "Coñecendo as nosas árbores". Tratábase de identificar árbores da nosa contorna a partir das súas follas e dos seus froitos, se os teñen. Para levala a cabo facilitáronselle algunhas láminas de diferentes especies que logo eles tiñan que completar con algunha máis, ademais de buscar información sobre aquelas que lles eran menos coñecidas. O resultado foi enriquecedor tanto polo contido como polos diferentes formatos nos que foi presentado: algúns elixiron facer unha presentación, outros colorear as láminas, algún incluso aportou follas e froitos das súas propias árbores. A verdade é que se convertiron en auténticos expertos e expertas da flora da súa contorna. Aquí vos deixamos os seus magníficos traballos:









As paisaxes de primavera creadas polas nenas e os nenos de 3º e 4º

O alumnado de Relixión de 3º e 4º participa no Proxecto de Paisaxe amosándonos unhas fermosas e coloridas paisaxes de primavera, algunhas delas vistas desde a fiestra, debido ao confinamento.
Unha estación, a primaveral, que inspirou a creación artística e que tamén serviu de inspiración aos nosos nenos e nenas. O resultado é un agasallo para a vista.