martes, 17 de marzo de 2020

Plantamos no horto escolar

Tendo en conta que xa tiñamos o horto preparado e grazas a colaboración dunha nai, que de xeito altruísta nos proporcionou as plantas: amorodos e aromáticas, para poñerlle un pouco de ánimo ao que se nos viña enriba, o venres 13 decidimos sair a plantar co alumnado do programa existente no centro ese día.
Tivemos en conta non só a plantación en sí senón tamén a reciclaxe. Neste eido recicláronse botellas de auga do comedor para poñer tamén un horto vertical,onde se plantaron parte dos amorodos, co obxectivo de valorar a importancia da reciclaxe.














Preparamos o noso horto escolar

No mes de febreiro e cando o tempo o permitiu, concretamente os días 3 e 4, o alumnado de 6º B comenzou a traballar no "horto escolar" coa axuda do noso conserxe Alberto. un dos obxectivos deste traballo foi adecentar este terreno para adicalo á plantación. Deste xeito camiñamos cara a consecución dalgúns dos obxectivos propostos no noso programa:
  • Incrementar o interés, a curiosidade e a valoración da paisaxe na que se desenvolve o alumnado diariamente.
  • Transmitir actitudes, normas e valores para sensibilizalo na conservación da paisaxe.
  • Recoñecer os cambios que sufre a paisaxe co paso do tempo.
  • Coidar e respetar  o medio natural que nos proporciona os alimentos.
  • Coñecer a importancia do home como manipulador da paisaxe e valorar os esforzos polo coidado do mesmo.
  • Obter produtos no noso horto.
Fixeron o traballo en dúas tardes, a do luns 3 e a do martes 4, facendo grupos diferentes cada día.
Así estaba:

Puxéronse mans ao traballo:








 










E así foi quedando: