martes, 30 de noviembre de 2021

O outono na clase dos Lobos

 

Ola a todos e a todas! Somos a clase dos Lobos e, este outono, exploramos a nosa contorna moi de preto, sempre coa axuda das nosas familias. Tocar, ulir, explorar texturas, tamaños, olores... como nos gusta!

Ensinámosvos algunha das propostas que fomos realizando ao longo desta estación e no primeiro trimestre.

-Instalación artística en forma de mandala



-Caixa do outono realizada coas achegas das familias



-Os colares do outono (millo, améndoas, abelás, landras e castañas)



-As follas e elementos (composicións e clasificacións)




-A árbore do outono  e as súas cores



-Animais do patio




- Manipulación e decoración de cabazas



viernes, 19 de noviembre de 2021

PEQUEN@S EXPLORADORES/AS - 4 ANOS

 Aproveitando estos días solleiros do outono o alumnado de 4 anos convertímonos en pequen@s exploradores/as .

Saímos a poñer en pràctica todo o que estivemos aprendendo sobre esta estación. Por iso fomos quen de atopar na nosa visita a contorna follas de todas as cores outonais, landras , castañas, ourizos, piñas , dentes de león, cogomelos e mesmo peidos de lobo que fixeron  que non pararamos de rir! 

Unha visita chea de traballo, dun antes e un despois que resumimos así: 

 

martes, 16 de noviembre de 2021

6º EP VISITA O PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL DE SOTAVENTO

 O alumnado de 6º EP visita o Parque Eólico Experimental de Sotavento, o 9 de novembro. 

Da man dos monitores do Parque eólico fixemos un percorrido polas distintas fontes de enerxía e comprobamos que aproximadamente o 64% da enerxía eléctrica que consumimos procede de fontes de enerxía non renovables. 

  

Centrámonos despois nas fontes de enerxía renovables. Fixemos dous pequenos experimentos para ver como se transforma a enerxía solar en enerxía eléctrica e en enerxía térmica. 

       

Aproveiatamos que tiñamos un día solleiro e puxemos en marcha a cociña solar para quentar o leite e facer un delicioso chocolate, que degustamos na metada da mañá.

Entramos nun aeroxerador para ver o seu interior e logo achegámonos ao taller para observar de preto as distintas partes das pezas da góndola e o seu funcionamento. 

   

 

Por último, entramos na vivenda bioclimática do Parque e alí puidemos ver como aproveitar os recursos que nos ofrece a natureza para aforrar enerxía á hora de quentar a casa, así como distintas medidas de aforro enerxético.