miércoles, 31 de mayo de 2023

OBRADOIRO DE AGROECOLOXÍA IMPARTIDO AO ALUMNADO DE 3º A e 3º B

Hoxe, 31 de maio despedimos o mes cun obradoiro moi interesante sobre "Agroecoloxía". Primeiro xuntámonos as dúas clases de terceiro na biblioteca e asistimos a unha pequena charla onde se nos explicou como se poden coidar as plantas sen usar pesticidas nin outras substancias contaminantes, que tipos de asociacións podemos elixir á hora de facer a nosa horta, como coidala e combatir as plagas... 



Saímos ao patio e formamos grupos de seis. Dous grupos foron para o invernadoiro e plantaron por un lado acelgas e cebola (dúas plantas que se levan moi ben e se axudan mutuamente) e por outro lado caravel, pemento e porros (outra asociación a ter en conta). Alí explicáronnos que primeiro debiamos remover a terra, logo colocar a planta, botar o abono natural que había preparado nun cubo, colocar palla para protexelas ao redor e logo regalas. 



Despois de traballar no invernadoiro, tiñamos que ir polo patio e buscar paxaros para logo, coa axuda dunha guía, intentar identificalos. Puidemos ver un niño agochado entre as pólas dunha árbore que ten tres ovos!!



A continuación, cada equipo foi pasando por outra zona onde tiñamos que buscar nunha guía o nome de tres plantas aromáticas e debuxalas; e, na última estación deste obradoiro, había que buscar nun libro as respostas a estas preguntas: 
- Que podes facer se a túa horta se enche de pulgóns?
- Para que poderías usar a ortiga na túa horta?
- Que farías se atopas a horta chea de toupas?
- E se hai babosas? 






CALIGRAMAS PAISAXE - 6º

 Na aula de 6º estivemos traballando cos CALIGRAMAS, as composicións poéticas nas que as palabras forman un debuxo relacionado co contido do poema. 

A temática dada foi: ELEMENTOS DA PAISAXE.

Amosámosvos un pequeno collage con algúns dos resultados.

TIPOS DE PAISAXES - 6º EP

 Durante este curso o alumnado de 6º traballou cos diferentes tipos de paisaxes.

Entre as diferentes actividades que realizamos estaba a de escoller unha paisaxe que nos gustaría visitar e plasmala nun papel. Estes foron algúns dos debuxos:

A IMPORTANCIA DA AUGA - 6º EP

 

Paisaxes terrestres, paisaxes acuáticas, animais, plantas, persoas... todos precisamos da auga para vivir. Ademais, non debemos esquecernos que máis do 70% do noso peso corporal é auga.

O alumnado de 6º EP ilustramos a importancia da auga nestes murais.

Do mesmo xeito, escribimos diferentes lemas sobre a auga. 

lunes, 22 de mayo de 2023

AS ABELLAS E A SÚA IMPORTANCIA NA NOSA PAISAXE - 3 ANOS B

Ao longo do mes de abril, o alumnado de 4º de Educación Infantil estivemos investigando sobre un ser vivo moi importante para a nosa paisaxe: as abellas. Comezamos observando a súa anatomía e, axudándonos dunha lupa, identificamos as diferentes partes do seu corpo profundizando nas diferencias entre as abellas e as avespas. Tamén descubrimos o seu hábitat, os tipos de abella que o habitan, a figura do apicultor e o proceso de polinización e da elaboración do mel. Todos os coñecementos adquiridos víronse reforzados a través da saída didáctica ao "Enredo do Abelleiro" onde, ademais de seguir aprendendo sobre a importancia das abellas para a sustentabilidade da nosa contorna, os nenos/as puideron participar nun taller de elaboración de mel e de velas.