Este mes de Marzo estivemos traballando con Vivaldi nas clases de música. Coas audicións das catro estacións do compositor, intentamos imaxinar como pintaban a natureza os instrumentos de corda, e falamos das paisaxes que describe Vivaldi en cada canción para logo representalas nun debuxo. O alumnado podía escoller o tipo de representación que querían transmitir no seu debuxo, pois podía ser unha paisaxe representada ou podían intentar plasmar as emocións e sensacións que lles provocaba a música. Aquí deixámosvos uns exemplos dos seus traballos:
Infantil - Outono, Verán, Inverno, Primaveira

3ºA - Tormenta (parte da peza do Verán):
3ºB - Outono:
1º A e B - As catro estacións
E así de enriquecedora foi a nosa experiencia coas paisaxes sonoras de Vivaldi. A natureza ten moito que ofrecer! É unha importantísima fonte de inspiración dende o principio da historia da música e agardamos que os nenos e nenas aprendan a ver e a sentir tanta beleza.