Os nenos e nenas de 1º estudan os continentes e océanos!
domingo, 13 de marzo de 2022
martes, 1 de marzo de 2022
CONDUCTO EN EXPULSIÓN
Que ocorre na Palma? Que é un volcán?
Multitude de noticias que inundaron a tele, xornais.. e, polo tanto, centro de interese da nosa aula. Para facelo máis visual decidimos crear un experimento. Para isto precisamos:
Bicarbonato
Auga
Sal
Vinagre
Colorante alimenticio
Uns recipientes
Non puidemos quedarnos coas ganas de pintar con esas texturas e cores tan heteroxéneos!!!
Foi todo un éxito!
lunes, 28 de febrero de 2022
PLANTACIÓN DE GLADIOLOS NA AULA DE 5 ANOS A
Os nenos e nenas de 5 anos A están a traballar na plantación de "gladiolos". Esta planta bulbosa pode alcanzar ata os dous metros de altura.
Comezaron por preparar os tarros:
jueves, 16 de diciembre de 2021
OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS A ELABORAN E EXPERIMENTAN CUN VOLCÁN
O 19 de setembro de 2021 iniciouse a actividade do volcán "Cumbre Vieja" en La Palma. Esta noticia estivo con nós día tras día, ata que no mes de decembro se dou por finalizada a erupción debido á súa inactividade.
Na aula de 5 anos A elaboraron un volcán e experimentaron a súa actividade erosiva con productos tan sinxelos coma: plastelina, bicarbonato, lavavaixelas, pintura vermella e tónica.
martes, 30 de noviembre de 2021
O outono na clase dos Lobos
Ola a
todos e a todas! Somos a clase dos Lobos e, este outono, exploramos a nosa
contorna moi de preto, sempre coa axuda das nosas familias. Tocar, ulir,
explorar texturas, tamaños, olores... como nos gusta!
Ensinámosvos
algunha das propostas que fomos realizando ao longo desta estación e no
primeiro trimestre.
-Instalación
artística en forma de mandala
-Caixa
do outono realizada coas achegas das familias
-Os
colares do outono (millo, améndoas, abelás, landras e castañas)
-As follas e elementos (composicións e clasificacións)
-A
árbore do outono e as súas cores
-Animais
do patio
- Manipulación e decoración de cabazas
viernes, 19 de noviembre de 2021
PEQUEN@S EXPLORADORES/AS - 4 ANOS
Aproveitando estos días solleiros do outono o alumnado de 4 anos convertímonos en pequen@s exploradores/as .
Saímos a poñer en pràctica todo o que estivemos aprendendo sobre esta estación. Por iso fomos quen de atopar na nosa visita a contorna follas de todas as cores outonais, landras , castañas, ourizos, piñas , dentes de león, cogomelos e mesmo peidos de lobo que fixeron que non pararamos de rir!
Unha visita chea de traballo, dun antes e un despois que resumimos así:
martes, 16 de noviembre de 2021
6º EP VISITA O PARQUE EÓLICO EXPERIMENTAL DE SOTAVENTO
O alumnado de 6º EP visita o Parque Eólico Experimental de Sotavento, o 9 de novembro.
Da man dos monitores do Parque eólico fixemos un percorrido polas distintas fontes de enerxía e comprobamos que aproximadamente o 64% da enerxía eléctrica que consumimos procede de fontes de enerxía non renovables.
Centrámonos despois nas fontes de enerxía renovables. Fixemos dous pequenos experimentos para ver como se transforma a enerxía solar en enerxía eléctrica e en enerxía térmica.
Aproveiatamos que tiñamos un día solleiro e puxemos en marcha a cociña solar para quentar o leite e facer un delicioso chocolate, que degustamos na metada da mañá.
Entramos nun aeroxerador para ver o seu interior e logo achegámonos ao taller para observar de preto as distintas partes das pezas da góndola e o seu funcionamento.
Por último, entramos na vivenda bioclimática do Parque e alí puidemos ver como aproveitar os recursos que nos ofrece a natureza para aforrar enerxía á hora de quentar a casa, así como distintas medidas de aforro enerxético.
