miércoles, 18 de mayo de 2022

TALLER DE RECICLAXE E COMPOSTAXE

 

O día 18 de maio, o alumnado de 1º de primaria levou a cabo un taller de Reciclaxe e Compostaxe a través do Concello de Arzúa.

Puede ser una imagen de 8 personas, personas de pie e interior

Por que é importante reciclar?

Tratáronse temas como:

Os seres vivos dependen de como nós cuidemos o planeta.

Deforestación, arrancando árbores dun xeito non respetuoso co medio ambiente.

Reciclar papel

Restos de comida 

Composteiro

Leváronse a cabo actividades por grupos:

- Repartíronse fichas para facer en grupo sobre os contidos expostos: entrega de residuos para colorear e meter no contedor que corresponda e poñer o nome do contedor.

- Actividade de compostaxe: buscar bichiños no compost coa axuda de lupas, guantes e pauciños.


viernes, 8 de abril de 2022

RECICLANDO XORNAIS NA SEMANA DA PRENSA NA AULA DE 5 ANOS A

Na Semana da Prensa, traballouse con xornais nas aulas, enviados pola Voz de Galicia. Despois do traballo, na aula de 5 anos A, reciclaron os xornais para facer un ovo de pascua xigante!















sábado, 19 de marzo de 2022

OS NOSOS CHÍCHAROS

 CHÍCHAROS-GUISANTES-PERICOS

Na clase dos Lobos estamos moi contentos de que chegue a primavera. Por iso, quixemos plantar unhas sementes de chícharos para poder ir coñecendo sobre a evolución das plantas. Que precisan? Logo de longas conversas, puxémonos mans á obra. 

- Contamos cantos pericos tiñamos.




- Elaboramos unha representación artística.



Días despois...TEMOS O NOSO PRIMEIRO CHÍCHARO!

domingo, 13 de marzo de 2022

OS ECOLUCHES CHEGAN AO CEIP DE ARZÚA

A serie Océano de Ecoluches está formada por unha balea, un cabaliño de mar, un peixe globo, unha mantarraia, unha medusa e unha estrela de mar.

Trátase de peluches ecofriendly (respetuoso co medio ambiente) cuxos materiais de recheo e packaging son 100% reciclados. A serie foi creada a partir de materiais reciclados extraídos das botellas de plástico tiradas ao mar para o seu recheo e de cartón reciclado para o seu packaging.


Con eles, preténdese que os nenos e nenas abracen o medio ambiente e valoren a importancia do seu coidado, tendo en conta ademais a reciclaxe.




COLABORAMOS NO CONCURSO DE PILABOT CO IES DE ARZÚA

Unha vez máis, no CEIP de Arzúa, queremos protexer o medio ambiente, por iso participamos na campaña de recollida de residuos de pilas e  acumuladores colaborando  co IES de Arzúa no concurso de Pilabot. 


Primeiro repartíronse os envases individuais para que os nenos e nenas poideran levar á casa e recoller as pilas e acumuladores.

Trouxeron as pilas para depositar no contenedor do centro

Aquí un vídeo para ver, dos nenos e nenas do CEIP de Arzúa!

OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 1º A E 1º B ESTUDAN CIENCIAS

 Os nenos e nenas de 1º estudan os continentes e océanos!



A vida no Polo Norte e Polo Sur!









O deserto!













martes, 1 de marzo de 2022

CONDUCTO EN EXPULSIÓN

Que ocorre na Palma? Que é un volcán?

 Multitude de noticias que inundaron a tele, xornais.. e, polo tanto, centro de interese da nosa aula. Para facelo máis visual decidimos crear un experimento. Para isto precisamos:

        Bicarbonato

       Auga

       Sal

       Vinagre

       Colorante alimenticio

      Uns recipientes

  Non puidemos quedarnos coas ganas de pintar con esas texturas e cores tan heteroxéneos!!!





Foi todo un éxito!