Na aula de 3 anos A, no primeiro trimestre, fixemos uns traballiños das paisaxes de outono e de inverno, falamos das súas diferencias, de cal nos gusta máis e do que temos que facer para manter as paisaxes limpas e "saudables".
jueves, 23 de junio de 2022
domingo, 12 de junio de 2022
DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE
As Nacións Unidas designaron o 5 de xuño como Día Mundial do Medioambiente coa finalidade de sensibilizar á poboación mundial acerca da importancia de coidar os nosos ecosistemas e fomentar o respecto ao medioambiente.
Deste xeito, preténdese motivar ás persoas para que se convirtan en axentes activos do desenvolvemento sustentable e equitativo e fomentar a cooperación para que o medioambiente sexa sostible.
Iso mesmo é o que fixemos no colexio. Traballamos a gran importancia e o por que desta conmemoración e elaboramos neste mural colectivo baixo o lema “Como podemos coidalo?" onde cada aula decorou e rotulou nun contedor diferentes respostas a estas preguntas:
Non malgastando a auga.
Limpando os espazos naturais.
Mantendo limpas as augas dos ríos e praias.
Reciclando.
Evitando o uso de plásticos.
Usando o transporte público.
Conservando o noso contorno.
Reducindo o uso de pesticidas.
Usando enerxías renovables.
Reutilizando recursos.
Reducindo o consumo.
Facendo uso dos puntos limpos.
Non malgastando a enerxía.
Alumnado de 4 anos
martes, 7 de junio de 2022
AS FRAGAS GALEGAS: BIODIVERSIDADE E CONSERVACIÓN
O día 2 de xuño, o alumnado de 1º de primaria puido gozar dun obradoiro levado a cabo por Educalecrín. Comezouse a falar das árbores das fragas galegas e dos animais como o xabaril, os teixugos ou porcoteixos, o lobo, o corzo,o oso...
Logo levouse a cabo un xogo: entregaron caixas que contiñan pegadas de animais, fotos deses animais e características dos mesmos. Por grupos, tiveron que relacionar: animal-característica-pegada.
Outra actividade consistiu en escoitar os sons dos animais (a música da natureza, o son da fraga) e adiviñar de que animal se trataba.
Finalmente, os nenos e nenas puideron visualizar máis fotos de animais.
Foi moi entretido. O vídeo xa o di todo!!!
martes, 31 de mayo de 2022
PAISAXES REALIZADAS CON MATERIAL RECICLADO QUE LEVAN INCORPORADO UN CIRCUÍTO ELÉCTRICO
O alumnado de 6ºA incorporou un circuíto eléctrico dentro dunha paisaxe realizada con material reciclado. Este foi o resultado!
miércoles, 18 de mayo de 2022
Celebramos as conmemoracións con recursos naturais.
Polo día da nai aproveitamos que estamos a traballar coas plantas aromáticas para elaborar uns xabóns curandeiros. Quedaron fantásticos!
E.... polo día da familia, elaboramos uns xoeieiros e uns perfumes de rosas para compartir entre os diferentes membros.
Ummmm... que ben arrecenden!
Na clase Dos Lobos andamos a investigar os vermes de seda. Agora mesmo, están na fase de larvas. Estamos abraiados do que medran cada día. Comen moitas follas de Moreira!
- -Casa elaborada para os vermes
- - 1º Fase: Ovo
- - 2ºFase: Primeira Idade (Larvas). Comezaron a eclosionar os ovos. Naceron as larvas con moitos peliños. A medida que vaian medrando a súa cor vai aclarando.
-
TALLER DE RECICLAXE E COMPOSTAXE
O día 18 de maio, o alumnado de 1º de primaria levou a cabo un taller de Reciclaxe e Compostaxe a través do Concello de Arzúa.

Por que é importante reciclar?
Tratáronse temas como:
Os seres vivos dependen de como nós cuidemos o planeta.
Deforestación, arrancando árbores dun xeito non respetuoso co medio ambiente.
Reciclar papel
Restos de comida
Composteiro
Leváronse a cabo actividades por grupos:
- Repartíronse fichas para facer en grupo sobre os contidos expostos: entrega de residuos para colorear e meter no contedor que corresponda e poñer o nome do contedor.
- Actividade de compostaxe: buscar bichiños no compost coa axuda de lupas, guantes e pauciños.
.png)
(1)(1).png)

















