domingo, 10 de marzo de 2024

INVERNO

Continuamos traballando en 3 anos A e B as estacións. Chegou o inverno e con él o frío , as choivas , xeadas... E por uns intres imaxinamos que ata neva creando a nosa propia neve a través dun experimento para o que precisamos bicarbonato e auga. 






Pero está estación da para moito...polo que a proveitamos para traballar cancións como " Boneco de neve", elaborar o noso propio libro do inverno ,facer bolsas sensoriais e utilizar tubos de papel reciclado para confeccionar unha fermosa àrbore de Nadal. 





COÑECEMOS O OUTONO

 O alumnado de tres Anos A e B saímos a observar os cambios que se producen coa chegada das diferentes estacións. No primeiro trimestre observamos os cambios do noso cole coa chegada do OUTONO.






Traballamos e mesmo degustamos algúns dos froitos típicos da estación : As castañas


 Coñecemos e investigamos sobre os animaliños que nos visitan nos bosques durante esta época do ano : esquíos,  caracois e ourizos cachos.

A partir de esta o observación traballamos diferentes técnicas plàsticas.

viernes, 8 de marzo de 2024

PAISAXE DE INVERNO

 Os nenos e nenas de 1º EP traballaron en parellas e esforzáronse moito con estes cadros de técnica "collage" para crear unha peza grupal que representara unha paisaxe invernal.

Aprendimos cales son as cores frías para representar a sensación de frío. Sabendo o que queremos expresar, escolleremos as cores adecuadas, e podemos reciclar revistas, periódicos... creando a nosa caixa de recortes para facer a colaxe.

Bo traballo!!






jueves, 7 de marzo de 2024

REUTILIZANDO BOLSAS

O uso de bolsas na nosa sociedade, tanto de plástico como de papel, causa diariamente gran cantidade de lixo, o cal agrava o problema da contaminación, polo que reutilizalas é un bo xeito para axudar a mellorar a saúde do noso planeta.

A profe Alicia pediulles aos peques de 4 Anos A do CEIP de Arzúa que levasen á clase bolsas de papel que tivesen pola casa, desas que nos dan nos comercios cando mercamos algunha cousa, para decoralas e usalas para levar os traballiños deste trimestre para a casa.

Quedáronlles preciosas!




TESTOS ECOLÓXICOS

Os peques da clase de 4 Anos A do CEIP de Arzúa fixeron coa profe Alicia estes bonitos e orixinais testos reutilizando botes de iogur. 

Sementaron herba neles e xa medrou moito.

Están os testos preciosos cos "pelos" longos de punta! 

















lunes, 18 de diciembre de 2023

CDs reciclados

A porta da aula de música xa ten a decoración que se merece tras poñer os CDs reciclados que pintaros os nenos e nenas de 1º EP, nas sesións de Educación plástica e visual. 


    


Nesta era das tecnoloxías, moitos obxectos do pasado quedan gardados nunha caixa para tirar, pero unhas pinturas acrílicas, uns rotuladores similares aos Posca ou unhas pegatinas ou papel brillante para decorar, poden darlle unha nova vida ao noso refugallo.

Apuntémonos á tendencia da ARTE SOSTIBLE !

martes, 5 de diciembre de 2023

Bosque navideño de reciclaxe

Os nenos e nenas de 1º de EP, para a materia de Ed. artística, transformaron os cartóns do papel de baño e de cociña gastados que tiñan na casa nunhas árbores navideñas para facer un bosque de cartón. Que bonito quedou!




Felices festas!