viernes, 1 de julio de 2022

OBRADOIRO DE IDENTIFICACIÓN DE FAUNA ÚTIL

 Este mércores, 15 de xuño, levouse a cabo un “Obradoiro de Identificación de fauna útil” organizado pola ANPA O FORMENTO para todo o alumnado do colexio.

Este taller realizouse en tres quendas (unha para Educación Infantil e outras dúas para Primaria) onde a cada grupo de rapaces e rapazas se lles asignou un nome: tivemos os grupos das xoaniñas, os dos morcegos, os das abellas e os dos paporroibos.

Co alumnado de Educación Infantil realizáronse as seguintes actividades:

* En primeiro lugar, realizouse unha breve introdución explicando a problemática actual de perda de ecosistemas e hábitats de numerosos seres vivos por causa do dominio que ten a nosa especie no planeta que, xunto co cambio climáticos, son dúas das pedras angulares coa que terán que lidiar nun futuro non moi lonxano.

                   

* Logo, realizaron un mural interactivo colocando cada foto de cada animaliño no  seu hábitat correspondete, coa finalidade de recoñecer e representar a través de imaxes a fauna e flora. Este mural estaba composto de diferentes zonas:

Zona baixo terra: miñocas, toupas, raíces…

Zona herba: xoaniña, biscante, margaridas…

Zona poza: sapo, píntega…

Zona árbore: araña, formiga…

Zona cortizo: abellas…

                   

 

 

* Puideron coller un biscante, buscar unha miñoca, viron un cortizo e falaron del…

                    

 

* A seguinte actividade consistiu na construción e decoración de casas niño e caixas de morcego. Deste xeito, os nenos e nenas aprenderon a través de varias manualidades a construir novos espazos naturais para diferentes animais con elementos totalmente biodegradables.

Para rematar, colgaron as casiñas para os paxaros e morcegos nas árbores do patio do colexio.

                

 

* Hotel de insectos: entre todos os cursos crearon un hotel de insectos beneficiosos. Aquí vemos aos nenos e nenas de Infantil.

                           

 

O alumnado de Educación Primaria realizou as seguintes actividades:

* Introdución, da que falamos anteriormente.

                      

* Realización dun xogo cuestionario: consistiu nun xogo de preguntas para que os rapaces e rapazas poideran xogar, debater e competir estre aulas. Había tres respostas posibles, e logo de que se formulara a pregunta, cada aula debía debater e intentar chegar á resposta correcta, para despois levantar a tarxeta que consideraba que daba lugar a esa resposta verdadeira. Acertaron a maioría delas!

                   

* Realización e decoración de caixas niño e caixas de morcegos.

 

* Creación dun hotel de insectos. Os rapaces e rapazas de Primaria remataron a construcción deste hotel.

                                

O venres, levarase a cabo a “solta de bichos”: todo o alumnado interactuará de forma directa con diferentes especies de insectos útiles a través de xogos de contacto.

Cada clase inaugurará o seu hotel boidegradable para deixar en liberdade a toda esta fauna.

 

Desfrutamos e aprendemos moito!

miércoles, 29 de junio de 2022

A importancia do contorno no proceso de ensino aprendizace

 Deixámosvos aquí o vínculo de acceso ós exemplos de algunhas das nosas propostas neste curso: 


https://aulainfantilarzua.blogspot.com/?m=1


Aula 6° Infantil Grupo B, curso 2021/2022


jueves, 23 de junio de 2022

O MAR

 Chega o verán e na aula de 3 anos A quixemos saber cousas sobre o mar, a súa fauna e flora, as actividades que podemos facer nel,  como debemos coidalo, as súas lendas, etc.




A PRIMAVERA

 A primavera ten moitísimas flores, animais, e outras cousas que ver e sobre as que falar e traballar. Despois de investigar e falar sobre elas, na aula de 3 Anos A fixemos varias manualidades.







AS PAISAXES E A PRENSA

 Na Semana da Prensa na aula de 3 Anos A vimos algunhas noticias sobre a natureza, o tempo climático etc. E falamos sobre elas. Despois fixemos unha paisaxe de choiva primaveral e outra duha balea no océano con papeis de xornal.




AS CASTAÑAS

 As castañas son un elemento importante das paisaxes de Galicia no outono, así como da súa historia, da súa gastronomía e da súa cultura. Por iso na aula de 3 Anos A quixemos adicarlle a este alimento varios traballiños.





PAISAXES DE OUTONO E INVERNO.

 Na aula de 3 anos A, no primeiro trimestre, fixemos uns traballiños das paisaxes de outono e de inverno, falamos das súas diferencias, de cal nos gusta máis e do que temos que facer para manter as paisaxes limpas e "saudables".