martes, 4 de febrero de 2020

Coñecendo a nosa contorna natural

Na clase de primeiro de primaria botamos man dos experimentos para coñecer mellor o medio que nos rodea, cumprindo cos obxectivos de:
  • "dar a coñecer a nosa contorna natural"
  • "incrementar o interés, a curiosidade e a valoración da paisaxe na que se desenvolve o alumnado diariamente" 
  • para finalmente "obter produtos no noso invernadoiro".

Con un sinxelo procedemento imos observar o proceso de xerminación e crecemento das sementes; neste caso, os legumes.
Nun frasco de vidro que contén algodón empapado en auga colocamos fabas, lentellas e garavanzos.
Aprendemos sobre as condicións necesarias para que se produza a xerminación: calor e humidade, e sobre que necesitan as plantas para vivir: Auga, luz solar e os nutrientes que contén a terra.
Agora, con moita paciencia, imos observar os cambios que se vaian producindo día a día nos nosos legumes.




Ao cabo dunha semana xa empezamos a ver os brotes:





Ao cabo de dúas semanas




Ao cabo de tres semanas



Acabado o proceso de xerminación, o alumnado levou para a súa casa a planta.




No hay comentarios:

Publicar un comentario