Dende o venres 13 de marzo, día no que plantamos no horto escolar, tanto as plantas aromáticas como os amorodos, houbo cambios, cambios significativos e sorpresas das que no seu momento non nos decatamos. As nosas plantas quedaron tan bonitas que tiveron visitantes, sí, visitantes que existen na nosa contorna e que algunhas veces sorpréndennos para ben e outras non tan ben, como é neste caso.
Mirade:
Xa temos amorodos!
Pero... que pasou coas nosas plantas aromáticas?
Só quedou unha! Só hai no noso horto unha planta aromática, o "Armuelle Rojo"!
Porque, resulta que hai intrusos no noso horto!
Os caracois!
E agora que?
Pois agora... teremos que saber un pouco dos caracois...
Estades preparad@s?
Pois veña, as coordinadoras imos propoñer unha serie de actividades para coñecer a estes animaliños que tantas veces vemos, pero queremos saber cousas deles.
Adiante.
Para comenzar, deixamos un vídeo que vos vai gustar e que, ademais, fala de algo tan bonito como é a amizade.
Agora, antes de coñecer a estes animaliños, mirade este outro vídeo para poder debuxalos e facer o voso traballo de xeito que quede chulísimo...
No hay comentarios:
Publicar un comentario