domingo, 10 de mayo de 2020
Coñecendo as nosas árbores
O alumnado de Relixión de 5º e 6º fixo unha actividade moi interesante que chamamos "Coñecendo as nosas árbores". Tratábase de identificar árbores da nosa contorna a partir das súas follas e dos seus froitos, se os teñen. Para levala a cabo facilitáronselle algunhas láminas de diferentes especies que logo eles tiñan que completar con algunha máis, ademais de buscar información sobre aquelas que lles eran menos coñecidas. O resultado foi enriquecedor tanto polo contido como polos diferentes formatos nos que foi presentado: algúns elixiron facer unha presentación, outros colorear as láminas, algún incluso aportou follas e froitos das súas propias árbores. A verdade é que se convertiron en auténticos expertos e expertas da flora da súa contorna. Aquí vos deixamos os seus magníficos traballos:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario