lunes, 23 de noviembre de 2020

O outono

 " O outono é unha segunda primavera, 

donde cada folla é unha flor" 

(Albert Camus)

Outono

Cores       follas        castañas





cabazas           Samaín          cogomelos

O outono comenza
síntoo no aire
e é que as folliñas
comenzan o baile.

Elas sóltanse
xiran cara abaixo
e aos barrendeiros
danlles moito traballo.

O outono é bonito
con días de sol
e toda a paisaxe
vólvese marrón.

Marrón e amarelo
coma o marmelo
marrón e dourado
todo empapelado.

A paisaxe cambia
o otono comenza
desfrutemos xuntos
de toda a súa beleza.







Chegou o outono e trouxo da man dúas festividades moi nosas: o Magosto e o Samaín.

Este curso tan especial non puidemos celebrar o Magosto todas e todos xuntos como nos gustaría,  pero fixemos outras cousiñas nas nosas aulas. 

O mural colectivo confeccionouse coas follas e castañas que decorou o noso alumnado de E. Infantil e despois, o de 1º, 2º e 3º de E. Primaria buscou refráns da castaña para encher outras follas máis grandes. Os maiores escribiron cantigas dentro das siluetas das castañas, que ademais acabaron decorarando e quedaron así de ben.

 

      

No pdf que vai a continuación podedes ver outras actividades que se levaron a cabo en todo o colexio: colares feitos con castañas cocidas (os zonchos típicos da nosa zona), manualidades do outono, faroles de Samaín... O teatro de sombras que ensaiaron os nenos e nenas máis pequenos do colexio vainos servir de portada para amosarvos o resto dos traballos. 

  PREME AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario