Hoxe, 31 de maio despedimos o mes cun obradoiro moi interesante sobre "Agroecoloxía". Primeiro xuntámonos as dúas clases de terceiro na biblioteca e asistimos a unha pequena charla onde se nos explicou como se poden coidar as plantas sen usar pesticidas nin outras substancias contaminantes, que tipos de asociacións podemos elixir á hora de facer a nosa horta, como coidala e combatir as plagas...
Saímos ao patio e formamos grupos de seis. Dous grupos foron para o invernadoiro e plantaron por un lado acelgas e cebola (dúas plantas que se levan moi ben e se axudan mutuamente) e por outro lado caravel, pemento e porros (outra asociación a ter en conta). Alí explicáronnos que primeiro debiamos remover a terra, logo colocar a planta, botar o abono natural que había preparado nun cubo, colocar palla para protexelas ao redor e logo regalas.
Despois de traballar no invernadoiro, tiñamos que ir polo patio e buscar paxaros para logo, coa axuda dunha guía, intentar identificalos. Puidemos ver un niño agochado entre as pólas dunha árbore que ten tres ovos!!
A continuación, cada equipo foi pasando por outra zona onde tiñamos que buscar nunha guía o nome de tres plantas aromáticas e debuxalas; e, na última estación deste obradoiro, había que buscar nun libro as respostas a estas preguntas:
- Que podes facer se a túa horta se enche de pulgóns?
- Para que poderías usar a ortiga na túa horta?
- Que farías se atopas a horta chea de toupas?
- E se hai babosas?
No hay comentarios:
Publicar un comentario