miércoles, 5 de junio de 2024

AROMATIZÁMONOS! BOLSIÑAS AROMÁTICAS

O alumnado de 5º, dentro da área de Proxecto Competencial, investigou e tomou nota das propiedades de diferentes plantas medicinais. 

Cada neno/a escolleu a planta que máis lle gustou e trouxo á clase varias ramas da especie escollida, que se puxeron a secar penduradas boca abaixo. 

O seguinte paso foi converternos en verdadeiros costureiros/as e facer cun anaco de tea reciclada unhas pequenas bolsas. 

Unha vez rematadas as bolsas e coas plantas secas, tocou esmagar as follas da nosa planta para encher a bolsiña aromática. 


Por último, atamos as bolsas cun fío do que penduramos unha tarxeta resumo coas súas propiedades. Así de chulas nos quedaron!

No hay comentarios:

Publicar un comentario