lunes, 1 de julio de 2024

O VERÁN

 Agora que chegou o verán é importante concienciar aos máis cativos dos riscos ecolóxicos desta estación como son os incendios ou a contaminación das praias entre outros.

Na clase de 5 Anos A falamos longo e tendido sobre o que se debe facer e do que non se debe facer para manter o noso planeta limpo no verán: non tirar lixo no monte nin nas praias, levar connosco o material de refugallo que xeremos, non levar "recordos" das praias e outros espazos naturais, non molestar aos animais da contorna que visitemos, avisar aos servizos de emerxencias que sospeitamos que algo non anda ben, etc.

Para rematar esta actividade fixenos un quebracabezas dunha praia e falamos do que debería facer o hipopótamo que está alí cando chega, mentras está na praia e cando marche, para manterse san e coidar a contorna.




A NATUREZA NA PINTURA

 Os nenos e as nenas de 5 Anos A do CEIP de Arzúa fixemos un traballo sobre distintos pintores e pintoras recoñecidos da historia como Van Gogh, Frifa Kahlo, Romero Britto, Miró, Picasso, etc.

Fixámonos especialmente nos seus cadros que representan elementos da natureza e falamos sobre eles.

Aquí deixámosvos unha pequena mostra dalgúns dos cadros que reproducimos, xa que a lista de cadros que vimos foi longa.








QUE FLOREZA A ECOLOXÍA

 Aproveitando a actividade do mural colectivo do Día do Medio Ambiente, o alumnado de 6° decorou tamén a súa aula con flores de origami feitas con papel reutilizado e que logo levaron para as súas casas como recordo do seu último curso de Educación Primaria.



DIA DO MEDIO AMBIENTE

 Para a conmemoración do Día do Medio Ambiente, o 5 de Xuño,  o alumnado do CEIP de Arzúa fixo un mural colectivo decorando flores que fixeron con papel para reutilizar e colocándolle a cada unha bandeiras de distintos paises.



ECOLOXÍA EN POLOS CREATIVOS

 O alumnado de 6° do CEIP de Arzúa fixeron unha actividade para "Polos Creativos" que consistiu en recortar, doblar e ensamblar pezas  feitas con material de refugallo coa finalidade de construir maquetas de paxaros sobre os que logo buscaron información.



CIRCUÍTOS CON MATERIAL DE REFUGALLO.

Aprender cousas novas é moi importante, pero tamén o é respectar o medio ambiente mentras o facemos. 

O alumnado de 6° do CEIP de Arzúa fixeron unhas maquetas para estudar os circuitos eléctricos con materiais reutilizados que tiñan pola casa.