Na aula de 6º estivemos traballando cos CALIGRAMAS, as composicións poéticas nas que as palabras forman un debuxo relacionado co contido do poema.
A temática dada foi: ELEMENTOS DA PAISAXE.
Amosámosvos un pequeno collage con algúns dos resultados.
Na aula de 6º estivemos traballando cos CALIGRAMAS, as composicións poéticas nas que as palabras forman un debuxo relacionado co contido do poema.
A temática dada foi: ELEMENTOS DA PAISAXE.
Amosámosvos un pequeno collage con algúns dos resultados.
Durante este curso o alumnado de 6º traballou cos diferentes tipos de paisaxes.
Entre as diferentes actividades que realizamos estaba a de escoller unha paisaxe que nos gustaría visitar e plasmala nun papel. Estes foron algúns dos debuxos:
Paisaxes terrestres, paisaxes acuáticas, animais, plantas, persoas... todos precisamos da auga para vivir. Ademais, non debemos esquecernos que máis do 70% do noso peso corporal é auga.
O alumnado de 6º EP ilustramos a importancia da auga nestes murais.
Do mesmo xeito, escribimos diferentes lemas sobre a auga.
Ao longo do mes de abril, o alumnado de 4º de Educación Infantil estivemos investigando sobre un ser vivo moi importante para a nosa paisaxe: as abellas. Comezamos observando a súa anatomía e, axudándonos dunha lupa, identificamos as diferentes partes do seu corpo profundizando nas diferencias entre as abellas e as avespas. Tamén descubrimos o seu hábitat, os tipos de abella que o habitan, a figura do apicultor e o proceso de polinización e da elaboración do mel. Todos os coñecementos adquiridos víronse reforzados a través da saída didáctica ao "Enredo do Abelleiro" onde, ademais de seguir aprendendo sobre a importancia das abellas para a sustentabilidade da nosa contorna, os nenos/as puideron participar nun taller de elaboración de mel e de velas.
O alumnado de 4º de EP realizou estas oito láminas que representan diferentes paisaxes do mundo ou diferentes medios nos que habitan diversos animais.
Traballamos deste xeito o medio, a flora, a fauna e os diferentes hábitats.
Quedounos así de bonito!