Os alumnos e alumnas de segundo curso de Educación Primaria estivemos a estudar o Sistema Solar. Representamos a Vía Láctea, vimos a súa etimoloxía e elaboramos un lapbook. Para levar a cabo tanta tarefa cada neno e nena levou para a casa un libro sobre esta temática. Despois da súa lectura tiveron que comentar e explicar ao resto dos compañeiros e compañeiras algunhas curiosidades sobre o universo e o Sistema Solar.