domingo, 15 de diciembre de 2019

Explorando o entorno do noso colexio

No outono as árbores do patio do noso colexio comenzaron a cambiar de cor, pasando de ser verdes a ser amarelas ou marróns e incluso vermellas, formando ao seu arredor unha fermosa alfombra de cores.






Antes de que chegue o inverno caen todas as súas follas, quedando espidas e desaparecendo as súas intensas cores. 

Pero...hai árbores de cor verde que a pesares do frío non perden as súas follas.
Se algunha vez vos preguntastes isto, a resposta é que o que estades vendo son as adaptacións das plantas ás condicións ambientais. Os nenos e nenas de primeiro de primaria souberon diferenciar enseguida as plantas de folla perenne e as plantas de folla caduca.
No noso patio hai castiñeiros, que son de folla caduca, que están nas imaxes anteriores e temos outros de folla perenne como o acivro.



Visitamos tamén o invernadoiro, no cal atopamos algunha espiga de millo. No inverno haberá que empezar a preparar a terra do mesmo para logo poder plantar.

Os nenos e nenas pasárono moi ben explorando o patio, recollendo follas, ourizos e mesmo atoparon cogomelos, que por certo xa coñecían despois da visita que fixeron ao IES de Arzúa.









No hay comentarios:

Publicar un comentario