Mostráronnos tamén como certos cogomelos cambian a cor da súa carne ao cortalos.
Espertáronse curiosidades como algún nome ("peido de lobo") e a idea de que se poden identificar os cogumelos a partir das súas esporas. Observamos as "esporadas" ou impresións de esporas (mancha formada polo conxunto de esporas que deixa caer un cogumelo maduro sobre unha superficie), que son importantes para identificar o cogumelo, debido a que a súa cor varía con cada especie e tamén permite iniciar algún cultivo partindo destas esporas.
Quédannos moitas cousas por aprender dos cogumelos. O outono vístese de cores e móstranos a súa beleza, na que contrastan vermellos, ocres e dourados, mesturados cos verdes das follas perennes.
Se chove, medran os cogumelos. Hainos no campo, nos bosques e ata nos xardíns e cada paisaxe ten os seus. O níscalo por exemplo é típico dos pinares. Para buscalos temos que valorar a vexetación e hai que saber de árbores, xa que certos cogumelos só están debaixo dun tipo de vexetación (arbusto, árbore,...) e isto é básico para saber o que buscamos. Canto nos queda por investigar...e farémolo a partir desta visita, porque... os cogumelos, que son? plantas? fungos? froitos?...que é unha planta? e un fungo? e un cogumelo? en que tipo de paisaxe medran? que precisan para medrar? queremos facer esporadas?... Adiante pequenas e pequenos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario