martes, 6 de junio de 2023

Os cambios na paisaxe coas estacións - 3 anos B

Ao longo do presente curso escolar, os alumnos/as de 4º de Educación Infantil B estivemos traballando sobre as diferentes estacións (outono, inverno e primavera) ao mesmo tempo que observabamos os cambios que se ían producindo na paisaxe da nosa contorna. 

No outono, observamos a caída da folla aprendendo a diferenzar entre as árbores caducas e perennes; experimentamos a textura e o son das follas secas e ata nos atrevimos a realizar algunha estampación con elas. Tamén descubrimos os fungos e as castañas como elementos característicos desta estación. 


No inverno, profundamos na névoa como un dos fenómenos atmosféricos típicos e, como na escola non tivemos a oportunidade de observala directamente, levamos a cabo un taller de névoa caseira. Que mañá máis divertida e canto experimentamos con ela e as súas texturas! 


Coa chegada da primavera, analizamos o contraste das características da paisaxe nesta estación con respecto ás dúas anteriores. Todos os coñecementos adquiridos quedaron reflitidos na construción dun mural grupal. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario