Este curso, para celebrar o Día do Medio Ambiente, dende a biblioteca organizamos un concurso de fotografía. Inspirándose nunha das pinturas que amosamos no blogue, os nenos e nenas que querían participar debían crear a súa propia imaxe e facer unha fotografía, celebrando así a natureza tan fermosa que nos rodea en Galiza.
Con todas as fotografías creamos un mural que estará exposto ate final de curso na zona exterior da biblioteca, para que os vosos compañeiros e compañeiras, e mestras, podan apreciar o voso esforzo.
A fotografía do gañador queda enmarcada e ao seu lado podemos ver a pintura orixinal na que se inspirou o participante; toda unha paisaxe galega que representa o especial que é o noso fogar.
Moitas grazas pola participación, e lembrade que mañá, xoves, no recreo, entregaremos os premios e o detalle a todos os participantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario