Este curso no CEIP de Arzúa estamos a traballar as distintas culturas que hai no mundo.
Para o entroido a clase de 5 Anos A escollemos disfrazarnos de "esquimós" e por iso decidimos investigar e facer un traballiño sobre a cultura INUIT. Esta palabra significa "pobo", e non lles agrada que lles chamen esquimós, que significa "persoa que come carne crúa".
Aprendemos cousas sobre onde viven, que comen, como se desprazan, que obxectos usan e con qué os fan. Teñen uns xogos e uns intrumentos musicais moi chulos.
Tamén vimos que é a aurora boreal e os animais que viven preto dos inuit. Sabiades que no Polo Norte non hai pingüíns? Só viven no polo sur.
Falamos do quentamento global e do desxeo dos casquetes polares cunha poesía sobre un osiño polar que estaba moi triste por este motivo.
Fixemos un libriño no que recollemos as cousas que aprendemos e deixámosvos aquí unha pequena mostra das súas páxinas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario