Mostrando entradas con la etiqueta 5 Anos B 23/24. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 5 Anos B 23/24. Mostrar todas las entradas

sábado, 15 de junio de 2024

O DÍA DA TERRA

 Os nenos e as nenas de 5 Anos B da clase da profe Finita conmemoraron o Día da Terra, que tivo lugar o 22 de abril, facendo unhas coroas de papel reutilizado moi bonitas e coidando e observando como medran as plantiñas que sementaron.

















SEMENTAR SEMENTAREI

 Os nenos e as nenas de 5 Anos B do CEIP de Arzúa utilizaron as súas orixinais macetas para poñer sementes de distintas flores e hortalizas.
















MACETAS ECOLÓXICAS E CREATIVAS

 Os nenos e as nenas de 5 Anos B do CEIP de Arzúa xuntaron botellas de plástico para reutilizalas, cortáronas pola metade, pintáronas e decoráronas para facer unhas macetas que lles quedaron preciosas.















CORAX FAUNA

 O día 8 de maio o alumnado de 5 Anos A e B do CEIP de Arzúa realizou unha saíada didáctica ao centro educativo e de rescate da fauna salvaxe Corax Fauna, na localidade de Paderne, no concello de Betanzos.

Alí vimos de preto animais salvaxes como leóns, tigres, monos, lobos, hienas, xabaríns, etc.

Ademais de aprender cousas sobre os animais que nos ensinaron faláronnos do importante que é respectar e coidar a fauna de todo o mundo e non maltratar aos animais.








TALLER DE ESTAMPACIÓN DE FLORES.

 O día 15 de Abril o alumnado de Educación Infantil fixo coa profe Shadia un Taller de Estampación de flores no cal aprenderon a decorar camisetas usando flores naturais, sen usar elementos químicos que son tan contaminantes.