lunes, 17 de abril de 2023

SAÍDA A PORTO DO SON

 Dentro do programa Ti si que es un bo peixe! o alumnado de 2º de EP desprazouse ata Porto do Son para mergullarse in situ nalgunhas das actividades relacionadas co mundo mar e da pesca. En concreto, tiveron o privilexio de coñecer de primeira man a importante labor das redeiras; así coma o crecente uso do plástico para confeccionar as redes de pesca e á contaminación que iso conleva para o mar.






No museo Marea recordamos o gran desastre medioambiental provocado polo afundimento do Prestige no ano 2002 e tomamos conciencia da importancia de coidar entre todas e todos da natureza.


Ademais, tamén descubrimos un montón de aspectos interesantes e descoñecidos do mundo do mar, entre os que se atopan, por exemplo, os diferentes aparellos de pesca, tipos de redes... 















lunes, 10 de abril de 2023

SAÍDA AO PARQUE DE BOMBEIROS E FONTE DE A QUENLLA EN ARZÚA

 O alumnado de 2º E.P. tivo a oportunidade de realizar unha saída pola contorna e concienciarse da importancia de coidar e manter a nosa paisaxe. Así mesmo, acercámonos a ver a fonte de A Quenlla e coñecer de primeira man a lenda que a acompaña; ademais a sú auga é potable e moi rica!




A continuación, fumos camiñando ao Castro Curbín, que foi recentemente obxecto de excavacións por parte do grupo de investigación Sincrisis da USC. Finalmente, visitamos o parque de bombeiros, onde nos explicaron a súa labor e a importancia de ser respectuosos co medio ambiente. 



domingo, 2 de abril de 2023

VISITA AO ACUARIO

 O alumnado de educación infantil visitamos o ACUARIO Finisterre , na Coruña. Ali puidemos observar un tipo de paisaxe que non estamos acostumados a ver a cotío: A paisaxe de costa, o Mar. 

Observamos a Forza das olas , os elementos que forman este tipo de paisaxe e os seres vivos que ali habitan.





A IMPORTANCIA DA AUGA NO NOSO ORGANISMO E NO NOSO PLANETA

Sabemos que non só é imporante unha dieta variable , senón que tamén no noso organismo xoga un papel fundamental a auga.

Por elo comenzamos a traballar esta importancia co visionado dun video e elaborando as nosas propias gotas de auga, traballando a importancia do seu beneficio tanto para o noso corpo como para a vida do noso planeta .


 

 

 

FROITO -CARAS EN 5 ANOS

Na nosa aula coñecemos a importancia de unha boa saúde e uns bos hábitos saudables :lavamos a mans antes de comer, despois de ir ao baño, cepillamos os dentes e andamos na procura de comer cada dia que pasa dun xeito maís saudable, tentando probar diferentes froitas e verduras e facémolo a través de actividades lúdicas que desperten o noso interés e a través das cales podemos coñecer gran variedade de froitas e verduras. 

 





 


AS PAISAXES CON AUGA NO ARTE EN 5 ANOS

 O longo de este curso, en colaboracion co museo de Belas Artes da Coruña traballamos diferentes obras de arte que teñen que ver con paisaxes e cadros relacionados co eixo vertebrador de este curso " A Auga , Fonte de Vida".

 





 



INVERNO

 O longo da estación do inverno , na nosa aula de 5 anos , traballamos diferentes paisaxes e animais caracterisitcos da época. En esta ocasión centrámonos no polo Sur e nos pingüíns , proxecto , arredor do cal xiraron diferentes actividades que aqui vos mostramos.