O alumnado de 2º E.P. tivo a oportunidade de realizar unha saída pola contorna e concienciarse da importancia de coidar e manter a nosa paisaxe. Así mesmo, acercámonos a ver a fonte de A Quenlla e coñecer de primeira man a lenda que a acompaña; ademais a sú auga é potable e moi rica!
A continuación, fumos camiñando ao Castro Curbín, que foi recentemente obxecto de excavacións por parte do grupo de investigación Sincrisis da USC. Finalmente, visitamos o parque de bombeiros, onde nos explicaron a súa labor e a importancia de ser respectuosos co medio ambiente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario