jueves, 20 de abril de 2023

OBRADOIRO DE ESPECIES ANIMAIS DO XARDÍN ECOLÓXICO PARA O ALUMNADO DE 3ºA

Na xornada de hoxe, 20 de abril, o alumnado de 3ºA asistiu a un obradoiro de especies animais do xardín ecolóxico que se está a facer no noso colexio.
As monitoras explicáronlle aos nenos e nenas que tipo de animais podiamos atopar: reptís, aves, insectos e anfibios. Logo amosáronlles unhas guías con fotografías para que puideran identificalos. A continuación, dividiuse a clase en dous grupos; un foi polo patio buscando paxaros e outros animais e o outro terminou de facer a poza dos anfibios que vai servir de refuxio ás ras. 
O primeiro grupo puido identificar pardais, merlos, lavandeiras, lagartos, xoaniñas...
O segundo grupo tivo que carrexar agua e ir colocando diversos materiais para acabar de preparar a poza. 

 


                                                                                           





Visita ao Acuarium Finisterrae

 O pasado 27 de marzo o alumnado de Educación Infantil visitou o Acuarium Finisterrae da Coruña.

Viron un montón de especies mariñas distintas e aprenderon un montón de curiosidades sobre o mar.

Tamén vimos unha áncora do "Mar Exeo", o petroleiro grego que naufragou na costa da Coruña no ano 1992.








Semana da Prensa e mais Ecoloxía

 A semana do 6 ao 10 de marzo traballamos na aula de 4 Anos A a Semana da Prensa facendo o noso propio xornal connoticias que nos gustaría que sucedesen. Entre elas aparecen algunhas sobre ecoloxía e o coidado do medio ambiente.







Coidemos o Mar e os Ríos

 Ao longo do segundo trimestre, na aula de 4 Anos A traballamos aspectos relativos ao mar e os ríos e aos seres que viven neles.

Vimos que é importante para o noso planeta e para a nosa saúde coidalos e mantelos limpo.

Fixemos varias manualidades moi paveras como elementos motivadores deste tema.

Disfraces e caretas:




Un imán para a neveira:


Xogo de carreiras de tartarugas mariñas:



Xogo con imáns para limpar o mar:


Un quebracabezas:



Un xogo para atopar parellas:



Varios balancíns para decorar ou para facer competicións sobre cal se move durante máis tempo:





Varios Debuxos "mariños":











miércoles, 19 de abril de 2023

QUEBRACABEZAS DOS ECOSISTEMAS DA COMARCA DE ARZÚA

O alumnado de 3º E. Primaria contou durante o mes de marzo cunha donación realizada por unha familia que nos achegou material didáctico para traballar os ecosistemas, tema que estudamos nas clases de Ciencias da Natureza. Os quebracabezas, 6 entregados á titoría de 3º A e outros tantos á de 3º B, usámolos durante a derradeira semana, antes das vacacións de Semana Santa e os nenos e nenas de 3º desfrutaron intentando facelos en grupos de tres. Despois de dúas sesións, algún equipo conseguiuno!!

Estes quebracabezas representan a flora e fauna propia da comarca de Arzúa.











martes, 18 de abril de 2023

PARTES DAS PLANTAS

 Comenzamos este trimestre a traballar as partes das plantas , traballamos a través de actividades plàsticas que estimulan a nosa imaxinación e creatividade,  pero que a súa vez nos permite traballar a lecto- escritura, motricidad, lóxico matemàtica...





INVESTIGANDO A NATUREZA

 Aproveitando estes días solleiros relaizamos e aprendemos con xogos de investigación. 

Somos quen de atopar todos os elementos que se nos indica ?? 

Alà imos a investigar e atopar... Formigas, grilos, bolboretas, àrbores, abellas ...