miércoles, 19 de abril de 2023

QUEBRACABEZAS DOS ECOSISTEMAS DA COMARCA DE ARZÚA

O alumnado de 3º E. Primaria contou durante o mes de marzo cunha donación realizada por unha familia que nos achegou material didáctico para traballar os ecosistemas, tema que estudamos nas clases de Ciencias da Natureza. Os quebracabezas, 6 entregados á titoría de 3º A e outros tantos á de 3º B, usámolos durante a derradeira semana, antes das vacacións de Semana Santa e os nenos e nenas de 3º desfrutaron intentando facelos en grupos de tres. Despois de dúas sesións, algún equipo conseguiuno!!

Estes quebracabezas representan a flora e fauna propia da comarca de Arzúa.











No hay comentarios:

Publicar un comentario