Na xornada de hoxe, 20 de abril, o alumnado de 3ºA asistiu a un obradoiro de especies animais do xardín ecolóxico que se está a facer no noso colexio.
As monitoras explicáronlle aos nenos e nenas que tipo de animais podiamos atopar: reptís, aves, insectos e anfibios. Logo amosáronlles unhas guías con fotografías para que puideran identificalos. A continuación, dividiuse a clase en dous grupos; un foi polo patio buscando paxaros e outros animais e o outro terminou de facer a poza dos anfibios que vai servir de refuxio ás ras.
O primeiro grupo puido identificar pardais, merlos, lavandeiras, lagartos, xoaniñas...
O segundo grupo tivo que carrexar agua e ir colocando diversos materiais para acabar de preparar a poza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario