lunes, 24 de junio de 2024

"MINIHORTAS" DE TOMATES CHERRY

 Nos últimos días de cole reutilizamos uns vellos tuppers que había na clase que se usaran en cursos pasados para gardar pinturas, para poñer neles unhas sementes de tomates cherry. 

Decoramos as nosas "hortas" cuns debuxos dunha granxa, un sol e un granxeiro.

Coidámolas tan ben que aos poucos días xa naceran as plantiñas e medraban tanto que axiña pasaron por riba dos debuxos.

Leváronos moi contentos co seu traballo para as súas casas e alí seguen coidando as súas plantiñas.

Esperamos que pronto dean froitos e desfruten moito deles.






sábado, 15 de junio de 2024

O DÍA DA TERRA

 Os nenos e as nenas de 5 Anos B da clase da profe Finita conmemoraron o Día da Terra, que tivo lugar o 22 de abril, facendo unhas coroas de papel reutilizado moi bonitas e coidando e observando como medran as plantiñas que sementaron.

















SEMENTAR SEMENTAREI

 Os nenos e as nenas de 5 Anos B do CEIP de Arzúa utilizaron as súas orixinais macetas para poñer sementes de distintas flores e hortalizas.
















MACETAS ECOLÓXICAS E CREATIVAS

 Os nenos e as nenas de 5 Anos B do CEIP de Arzúa xuntaron botellas de plástico para reutilizalas, cortáronas pola metade, pintáronas e decoráronas para facer unhas macetas que lles quedaron preciosas.















CORAX FAUNA

 O día 8 de maio o alumnado de 5 Anos A e B do CEIP de Arzúa realizou unha saíada didáctica ao centro educativo e de rescate da fauna salvaxe Corax Fauna, na localidade de Paderne, no concello de Betanzos.

Alí vimos de preto animais salvaxes como leóns, tigres, monos, lobos, hienas, xabaríns, etc.

Ademais de aprender cousas sobre os animais que nos ensinaron faláronnos do importante que é respectar e coidar a fauna de todo o mundo e non maltratar aos animais.








TEATRO DE SOMBRAS CON MATERIAL DE REFUGALLO

 Entre as actividades para a conmemoración do Día do Libro, os nenos e as nenas de 5 Anos A do CEIP de Arzúa fixeron teatros de sombras con materias de refugallo.  Utilizaron cartóns de caixas de galletas, restos de papel de forno e espetos dos que se usan na cociña ben lavados.

Con esta manualidade axudan a coidar a natureza e a desenvolver a súa imaxinación.

Quedaron moi bonitos e agora poden utilizalos para crear e contar historias con monicreques que poden facer con máis cartón e espetos para reutilizar.




AZALEAS PARA MAMÁ

 O alumnado da clase de 5 Anos A do CEIP de Arzúa fixo unha actividade moi ecolóxica para o día da nai.

Decoraron as metades dunhas botellas con gomets facendo motivos florais e logo plantaron en cada unha plantiñas de azaleas para agasallar ás súas nais no seu día.

Esperamos que lles gustasen e que as coiden ben para que medren moito.