O alumnado de 5º de E.Primaria leu este libro de banda deseñada "De quen é a auga? A través del entendeu a importancia de administrar ben o consumo da auga e a súa importancia nos ecosistemas.
Esta lectura enmárcase dentro do proxecto vertebrador deste curso "Medioambiente e saúde".
Convidámosvos a lelo:
SABÍAS QUE...?
- Non é o mesmo depurar a auga que potabilizala.
- Custa máis diñeiro depurar a auga canto máis sucia está.
- Unha parte do recibo da auga destínase á depuración da mesma.
- Botar esterco ou xurro de máis na terra pode estragar os acuíferos.
- En Galicia gástase na casa entre 150 e 250 litros de auga por persoa e día.
Estas e outras cuestións tan interesantes sobre o uso da auga trátanse neste libro.
Nós quixemos plasmar isto nuns debuxos. Deixámosvos aquí unha pequena mostra deles.
No hay comentarios:
Publicar un comentario