Dende fai uns 4 anos, este animal tan peculiar, vén facer o seu niño moi preto do colexio!
En moitos recreos podemos observar ás cegoñas voar polo noso patio e este feito espertou a nosa curiosidade sobre este animal.
Decidimos
facer unha saída ata o niño e alí comentar diferentes aspectos deste
animal: que comen, onde viven o resto do ano, cantas crías adoitan
ter...
Regresamos cansos para o cole pero... estas saídas polo contorno e en contacto coa natureza non teñen desperdicio!
Aquí vai unha imaxe da nosa manualidade sobre as cegoñas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario