O 7 de abril, día mundial da saúde, na clase de 5 anos A traballamos cunhas fichas sobre a saúde e os hábitos saudables.
Primeiro cada neno/a explicou que consideraba que era a saúde. Logo, para chegar a un consenso nesta definición, lemos un decálogo con 10 puntos que se deben incluír no concepto ou na idea de saúde.
E por último, colorearon a ficha.
Logo vimos un poema sobre a saúde do cal despois de lelo todos os nenos e nenas da clase fixeron cadanseu debuxo de hábitos ou obxectos saudables, por exemplo, deportes, froita e aire libre neste debuxo:
Por último, analizamos dous "camiños" con hábitos ou actividades diarias e falamos sobre cal deles é o que debemos seguir por ser o máis saudable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario