sábado, 22 de abril de 2023

OBRADOIRO DE USO DE MATERIAS DE RECICLAXE PARA ADORNAR OS NOSOS XARDÍNS PARA ALUMNADO DE 4º

 O pasado 20 de abril participamos neste obradoiro da man de Educalecrín.

Primeiro poidemos observar con liberdade todo o que estaban a preparar e realizar nesa zona do noso colexio co novo xardín ecolóxico.

Logo, a guía do mesmo, Yolanda "Bosquenauta", ensinounos como aprender a mirar as cousas que nos rodean con máis detalle, Para iso, fixenos dous grupos. Uns eran os "descubridores" e outros eran os "marenautas".

Os descubridores empregaron un "descubridor" feito con cartón, que lles permitiría observar e prestar máis atención ás cousas da natureza que nos rodeaban.

Os marenautas descubriron cousas do mar como cunchas, buguinas...

Para rematar o taller,  convidounos a construir algo para decorar o xardín empregando materiais de reciclaxe, coa finalidade de que perduraran no tempo.

Debían construir, por equipos, obxectos que se colgarían para que fixeran ruido natural e formaran parte dos adornos deste xardín ecolóxico.

Para iso, empregaron unha corda, cunchas paus, paus de bambú...

Quedaron moi bonitos e aos rapaces e rapazas fíxolles moita ilusión poder participar na decoración deste xardín.








No hay comentarios:

Publicar un comentario